Blog de Tercero y Cuarto
III Festival do Camiño Inglés e Xacobeo 2022-23
O alumnado de educación primaria visitou o porto de Curuxeiras con motivo da invitación ao III festival do camiño inglés e Xacobeo 2022-23.
Alí levamos a cabo distintas actividades relacionadas coa reciclaxe, os obxectivos do desenvolvemento sostible e ata houbo tempo para a degustación dun pedazo de tarta de Santiago.
MENINEANDO
O venres 23 de setembro todo o alumnado do colexio recibiu a visita de Eduardo Hermida, artista local e organizador do evento de arte urbano Meninas que se celebra de xeito anual desde hai máis de dez anos.
Grazas a Eduardo, os nenos e nenas puideron resolver dúbidas con respecto á creación das meninas: como pintaban a semellante altura ou quen pintou as meninas que hai no patio, entre outras.
Despois da súa intervención, cada curso dirixiuse a unha menina co fin de plasmala nunha folla e tamén aproveitaron para facer unha pequena ruta e descubrir outras meninas do barrio.
QUE GUSTO VER AO ALUMNADO DEBUXANDO E DESFRUTANDO NA ESTRADA!
Pica na imaxe
Pica na imaxe
CARREIRA SOLIDARIA – Save the children
Hoxe, o colexio celebrou a 18º edición da carreira solidaria «kilómetros de solidariedade» organizada pola ONG Save the children.
A carreira ten como obxectivo a sensibilización da comunidade educativa coa situación infantil no corno de África.
Cada alumno/a aportou o seu donativo a través dos seus patrocinadores/familia pola distancia percorrida mostrados no carné de corredor de cada un.
SAÍDA Á ÁREA RECREATIVA DE PEDROSO
Despois de moito tempo, todo o alumnado celebrou un bonito día de convivencia para despedir o curso académico 2021-2022 na área recreativa de Pedroso.
Bailaron, xogaron no parque, comeron, investigaron, cantaron… é dicir, desfrutaron dun fermoso día en plena natureza preto do río Xuvia que lles refrescou a estancia.
XI concurso escolar de dibujo «La pesca»
El CSIC convocó el XI concurso escolar de dibujo «La pesca» con motivo del año internacional de la pesca y la acuicultura artesanal.
Aquí os dejamos un vídeo con los dibujos participantes.
¡MUCHA SUERTE! Y gracias por haber participado 😊😊😊
Durante el primer trimestre del próximo curso académico sabremos si ha sido premiado alguno de ellos.
Ferrol, Patrimonio de la Humanidad
El colegio San Rosendo apoya la candidatura de Ferrol en su camino para obtener el título de Patrimonio mundial a través de sus bienes materiales como el arsenal militar, el puerto natural y las defensas costeras, entre otros.
Realizamos unos barcos de papel biodegradable que posteriormente serán echados al mar como apoyo a la candidatura de la ciudad.
Premio en el II festival escolar do Camiño Inglés
O alumnado de 6º educación primaria foi o gañador do II festival escolar do Camiño inglés promovido pola Federación de Anpas de Ferrol e Comarca «Concepción Arenal».
Pincha en la imagen
Pincha en la imagen
APADRIÑAMENTO LECTOR
Durante o mes de maio o colexio puxo en marcha a actividade APADRIÑAMENTO LECTOR no cal os estudantes de 3º a 6º de educación primaria visitaron as aulas de educación infantil, 1º e 2º de educación primaria co fin de ser os contacontos no tempo de lectura.
Gala escolar da seguridade viaria de Ferrol
O venres 20 de maio os estudantes de 4º de educación primaria tiveron a sorte de poder asistir á Gala escolar de seguridade viaria da nosa cidade á que tamén acudiron outros dez centros educativos. No auditorio de Ferrol escoitamos atentamente as palabras de Germán Costoya (concelleiro de seguridade e tráfico), de José Antonio Chao (xefe da policía local) e Ángel Mato (alcalde de Ferrol) para rematar o acto.