Con motivo da celebración dos Maios de Canido, o pasado venres 6 festexamos e adornamos o colexio implicándonos deste xeito, na decoración floral do barrio ao mesmo tempo que aportamos máis contido de xeito práctico ao proxecto (R)coñecendo Canido que estamos a levar a cabo.
Velaquí neste vídeo unha pequena mostra de todo o proceso: facendo as guirnaldas, decorando o noso cruceiro, bailando ao son da gaita de Fausto… foi un día moi alegre para todo o claustro e alumnado.