O alumnado e profesorado do colexio saímos do centro educativo con motivo do Día do libro e aproveitamos o proxecto (R)coñecendo Canido que estamos a levar a cabo para escoller un lugar tranquilo do barrio no que se localiza o colexio e así desfrutar moito máis do tempo de lectura diario.
Amais, deseñamos uns marcapáxinas da man de SAVE THE CHILDREN para vendelos simbolicamente e enviar a nosa axuda ao pobo ucraniano.