Documentación
ADMISIÓN ALUMNADO – CURSO 2024-2025
Estimadas familias, ante o comezo do proceso de admisión de alumnado para o próximo curso escolar 2024/2025, aquí podedes consultar toda a información que regula devandito proceso.
PICA NA IMAXE
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR
Estimadas familias a continuación deixámosvos toda a información sobre a convocatoria que regula o proceso do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024
Estimadas familias, do 1 ao 20 de marzo, comezo o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso escolar 2023/2024. Clickeando sobre a imaxe poderedes consultar toda a información que regula devandito proceso.
LIBROS DE TEXTO Y MATERIAL ESCOLAR – CURSO 2022/2023
CALENDARIO XUÑO E XULLO
ADMISIÓN ALUMNADO 2022/2023
Estimadas familias, ante o comezo do proceso de admisión de alumnado para o próximo curso escolar 2022/2023, aqui podedes consultar toda a información que regula devandito proceso.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO
ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).
DOG-12-DE-NOVEMBRO-ORDE-28-OUTUBRO-DE-2021
-
DESTINATARIOS:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
-
NON TEN QUE PRESENTAR A SOLICITUDE:
O alumnado que foi beneficiario da axuda para material escolar (vale de 50 €) no curso 2021-22 (actual).
-
TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
-
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:
O prazo para presentar solicitudes será do 15 ao 26 de novembro de 2021.
-
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.
- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
- As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal