Blog de Primero y Segundo
RD comedores escolares 315/2025, de seguridade alimentaria e nutrición
Información importante sobre comedores escolares pola seguridade alimentaria e nutrición para o fomento dunha alimentación saudable e sostible nos centros educativos, cuxa implantación levarase a cabo entre abril de 2026 e abril de 2027.
Prema aquí abaixo
COMEDORES ESCOLARES
REAL DECRETO COMEDORES ESCOLARES
INICIO DO NOVO CURSO ACADÉMICO
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2025 – 2026
AXUDAS PARA A ESCOLARIZACIÓN E COMEDOR DO CURSO 2025- 2026
PICA NA IMAXE PARA LER A INFORMACIÓN
AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2025 – 2026
M A I O S – 2025
Esta semana trouxemos novamente unha das tradicións máis fermosas da nosa cultura: os Maios. Alumnado, profesorado e familias colaboraron para encher de cor e natureza o noso centro e o barrio.
Con flores de cores, laranxas, fiúncho, tuia e moitos máis elementos naturais, creamos dous Maios moi especiais: un de estilo tradicional e outro inspirado no noso proxecto anual “A volta ao mundo”, co que seguimos explorando diferentes culturas e costumes.
Foi unha actividade cargada de ilusión, traballo en equipo e respecto polas nosas raíces. Grazas a todas as persoas que o fixeron posible!
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Esta mañá, os pequenos e grandes lectores do cole celebramos este día con dúas actividades moi especiais. Primeiro fixeron unha busca dun tesoiro distinta formada por letras, palabras e pezas de puzzle en distintos lugares do barrio de Canido. Despois, montaron os distintos quebracabezas cos elementos atopados e finalmente, pasaron un tempo tranquilo de lectura entre compañeiros e compañeiras promovendo a importancia dos libros para pensar, descubrir e imaxinar novos e antigos mundos.
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
O alumnado de Educación Primaria do noso colexio saíron ás rúas do barrio de Canido para desfrutar dunha xornada deportiva ao aire libre, chea de xogos, cooperación, saúde e diversión.

