Os membros da comunidade educativa celebramos o fin de ano no patio do colexio o último día de clase.
Fixemos un simulacro tomando unhas «uvas» especiais para despois brindar polo novo ano que estaba por chegar. Despois, houbo tempo de bailes, xogos, festa….
MENUDA XORNADA MÁIS ESPECIAL E MÁXICA!

Chegou decembro e o clube de lectura decidiu realizar un Contacontos por Nadal para felicitar as festas facendo unha adaptación de dous contos navideños :
-
O reno Rudolf (educación infantil, 1º e 2º educacion primaria)
-
Conto de nadal (3º – 6º educación primaria)

Aproveitando a chegada do Nadal e por suposto, Papá Noel e os Reis Magos, o clube de lectura recomenda os seguintes títulos que de seguro, gustarán a quen os lea.
Como colexio integrador que somos abrindo as nosas portas a todas as persoas, independentemente das súas capacidades, o venres 2 de decembro celebramos o día da discapacidade levando a cabo distintas actividades:
- Marta e o seu día a día como traballadora no centro
- Visita da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (ASF) acudiu a contarnos un contacontos Azul é peregrino.
- Visita de Álvaro Illobre e dous compañeiros máis que nos ensinaron a práctica do baloncesto desde a súa cadeira de rodas
Todas estas actividades serviron para acercarnos un pouco máis á sociedade na que vivimos.
Moitas grazas a todos!
O pasado 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Dentro dos actos levados ao cabo no centro, falamos en cada aula da importancia do respecto, compromiso, empatía e amor por e para todas as persoas a través do conto Arturo e Clementina e posteriormente, fixemos unha cadea contra a violencia de xénero dixital no patio central do colexio.
Os integrantes do clube de lectura decidiron dar un paso máis e gravaron o conto utilizando un recurso moi habitual nas películas: o chroma.
Aquí está o resultado. A desfrutar!
Con motivo do Día Mundial da Infancia que se celebra cada 20 de novembro, os estudantes e profesorado do colexio quixemos celebrar esta data levando a cabo unha actividade dobre: a lectura da adaptación do título Unha chea de familias levada a cabo polo clube de lectura e posterior charla sobre as distintas familias da man de dúas nais da comunidade educativa.

Desde as áreas de Educación física e psicomotricidade imos traballar distintos deportes. Esta semana tocou judo da man de Alberto Castro e Alba Martínez, ambos de A.D. Judo Ferrolterra.

O venres 23 de setembro todo o alumnado do colexio recibiu a visita de Eduardo Hermida, artista local e organizador do evento de arte urbano Meninas que se celebra de xeito anual desde hai máis de dez anos.
Grazas a Eduardo, os nenos e nenas puideron resolver dúbidas con respecto á creación das meninas: como pintaban a semellante altura ou quen pintou as meninas que hai no patio, entre outras.
Despois da súa intervención, cada curso dirixiuse a unha menina co fin de plasmala nunha folla e tamén aproveitaron para facer unha pequena ruta e descubrir outras meninas do barrio.
QUE GUSTO VER AO ALUMNADO DEBUXANDO E DESFRUTANDO NA ESTRADA!
Pica na imaxe

Pica na imaxe
