M A I O S – 2025

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Esta semana trouxemos novamente unha das tradicións máis fermosas da nosa cultura: os Maios. Alumnado, profesorado e familias colaboraron para encher de cor e natureza o noso centro e o barrio.

Con flores de cores, laranxas, fiúncho, tuia e moitos máis elementos naturais, creamos dous Maios moi especiais: un de estilo tradicional e outro inspirado no noso proxecto anual “A volta ao mundo”, co que seguimos explorando diferentes culturas e costumes.

Foi unha actividade cargada de ilusión, traballo en equipo e respecto polas nosas raíces. Grazas a todas as persoas que o fixeron posible!

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Esta mañá, os pequenos e grandes lectores do cole celebramos este día con dúas actividades moi especiais. Primeiro fixeron unha busca dun tesoiro distinta formada por letras, palabras e pezas de puzzle en distintos lugares do barrio de Canido. Despois, montaron os distintos quebracabezas cos elementos atopados e finalmente, pasaron un tempo tranquilo de lectura entre compañeiros e compañeiras promovendo a importancia dos libros para pensar, descubrir e imaxinar novos e antigos mundos.

Visita de 3ºEP ao SGHN

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

A mediados de xaneiro, o grupo de 3º EP visitou as instalacións do SGHN no barrio de Canido. Dita visita guiada estaba programada para complementar os contidos traballados sobre o reino animal na área de Ciencias da Natureza.

Da man de Berta, coñeceron como limparon, estudaron e trasladaron o esqueleto de balea que hai no museo, a historia sobre unha tartaruga caretta caretta, observar de preto as peles dunha serpe ou como pescudar o tipo de feces que podemos atopar nos bosques.

Visita do equipo Basketmi de BSR

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Sin categoría, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado mércores 19 de marzo, parte do equipo de xogadores de primeira división Basketmi Ferrol acudiron ao colexio para ensinarnos as diferenzas que hai con respecto ao baloncesto adaptado.

Alí presentaron como se forman os equipos dependendo da mobilidade dos xogadores, a procedencia das fichaxes dos xogadores que alí estiveron con nós e tamén houbo tempo para que os estudantes lles fixeran algunhas preguntas sobre este deporte e sobre cousas do día a día.

Finalmente, todo o alumnado tivo a oportunidade de moverse cunha cadeira de rodas mentres intentaban coller un pase, xirarse ou avanzar coa cadeira.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!

E parabéns polo partido gañado este sábado. Sabemos que era moi importante para vós!