DÍA MUNDIAL DEL AUTISMO

Por En Sin categoría No hay comentarios

Onte, 2 de abril, celebramos o Día Mundial do Autismo, unha data importante para concienciar sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA) e promover a inclusión das persoas con autismo en todos os ámbitos da sociedade, especialmente no entorno escolar.

Este ano, a páxina web sobre este día propuxo pensar na infinidade das necesidades, capacidades e intereses das persoas con autismo e, por iso, quixemos facer o xesto cos nosos corpos para representar #SomosInfinitos

 

 

 

Visita do equipo Basketmi de BSR

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Sin categoría, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado mércores 19 de marzo, parte do equipo de xogadores de primeira división Basketmi Ferrol acudiron ao colexio para ensinarnos as diferenzas que hai con respecto ao baloncesto adaptado.

Alí presentaron como se forman os equipos dependendo da mobilidade dos xogadores, a procedencia das fichaxes dos xogadores que alí estiveron con nós e tamén houbo tempo para que os estudantes lles fixeran algunhas preguntas sobre este deporte e sobre cousas do día a día.

Finalmente, todo o alumnado tivo a oportunidade de moverse cunha cadeira de rodas mentres intentaban coller un pase, xirarse ou avanzar coa cadeira.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!

E parabéns polo partido gañado este sábado. Sabemos que era moi importante para vós!

 

 

RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA

Por En Información docente, Noticias, Sin categoría No hay comentarios

Estimadas familias,

Comunicámosvos que co remate deste curso 2022/23, remata tamén o prazo de representación dos membros da actual Xunta Directiva da ANPA ATAHONA do CPR San Rosendo.

Os membros da xunta directiva, que levan xa desde o curso 2011/2012 ao fronte da asociación, prestando a súa colaboración, tempo e traballo en favor da nosa Comunidade Escolar, marchan do Centro igual que os seus fillos e fillas de sexto de primaria.

Esta asociación, que leva activa de maneira ininterrompida desde o ano 1993, e pola que pasaron xa numerosos equipos directivos, é a responsable de organizar as Actividades Extraescolares, entre outros actividades que axudan a que o noso cole sexa cada día un pouquiño mellor.

Por este motivo, comunicámosvos a continuación o calendario que vai seguirse neste proceso de renovación da xunta directiva da ANPA:

  • Do 1 ao 19 de maio: presentación de candidaturas. As candidaturas poden ser conxuntas ou individuais.
    • As candidaturas conxuntas deben levar nas súas listas, polo menos, catro persoas: presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro. Poden presentarse candidaturas de máis de catro persoas nas que o resto de membros actuarán como vogais, pero sempre deben cubrirse os catro postos antes mencionados.
    • As candidaturas individuais: presentando o nome e DNI

Todos aqueles socios da ANPA que esteades interesados en presentar a vosa candidatura para a Xunta Directiva da Asociación, deberedes facelo enviando a vosa candidatura ao correo electrónico da ANPA: anpaatahona@gmail.com poñendo no correo en asunto: CANDIDATURA XUNTA DIRECTIVA ANPA

  • 22 de maio: faranse públicas as candidaturas presentadas na web da ANPA e do colexio.
  • 23 de maio: eleccións no caso de que haxa polo menos dúas candidaturas, estas realizaranse presencialmente no cuarto do ANPA de 16:00 a 17:30. Se só hai unha candidatura, será proclamada vencedora automáticamente. Se non hai ningunha, o colexio non terá ANPA.
  • 24 de maio: publicación dos resultados.
  • 9 de xuño: Asemblea Xeral Ordinaria, o venres 9 de xuño, as 17:00h. Nesta asamblea procederase ao traspaso de poderes e a ratificación da nova xunta directiva da Asociación de Pais e Nais de Alumnos do CPR San Rosendo para os dous próximos cursos lectivos 2023/2025

Animámosvos a que participedes neste proceso de renovación presentando candidaturas e votando. Se tedes dúbidas das funcións da ANPA, se non sabedes como funciona e que hai que facer, non vos preocupedes porque podedes escribirnos e guiarémosvos e contestaremos a todas as vosas dúbidas os que estamos na xunta actual, ademais de asesorarvos nos primeiros meses do voso mandato se vos xorden dúbidas e pedídesnolo. Sabede que o único requisito (ademais de ter un fillo matriculado no colexio) é ser socio da ANPA durante o presente curso 2022/2023 e ter moita ilusión e ganas de colaborar.

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo

RENOVACIÓN XUNTA DIRECTIVA ANPA PDF

SOLICITUDE CANDIDATURA CONXUNTA ANPA

SOLICITUDE CANDIDATURA INDIVIDUAL ANPA

Proxecto » O barrio e o noso cole»

Por En primero y segundo, Primero y Segundo, Sin categoría No hay comentarios

Os primeiros meses do curso estivemos traballando no noso 1º proxecto do curso sobre o barrio de Canido e o noso centro escolar. Aquí aprendimos as festas e eventos máis importantes que ocorren no noso barrio, as Meninas, os Maios…. así como as profesións que desempeñan o seu labor na nosa veciñanza. Tamén aprendimos que persoas traballan no noso centro escolar, e cales son as súas funcións. Por último lembramos que tipos de medios transportes coñecemos.