O alumnado de 5º de educación primaria traballando os xénero literarios desde a biblioteca do centro.
Blog de Quinto y Sexto
Observamos os animais invertebrados … de preto!
O alumnado de 5º de educación primaria fixeron unha sinxela pero eficaz práctica na área de Ciencias da natureza para traballar os animais invertebrados. Fixeron uso da lupa microscópica, a ruleta dos invertebrados, observaron unha esponxa de mar…
SEGUIMOS APRENDENDO!
PICA NA IMAXE
24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Nestes días quixemos celebrar o Día das bibliotecas. O noso centro conta con dito instrumento que apoia o noso proxecto educativo. Desde o claustro pensamos que é un lugar de lecer onde poder facer actividades relacionadas coa lectura. Este ano quixemos facer un recuncho especial adicado a O Principiño. E todos e todas deixamos a nosa pegada.
«FAI DA TÚA VIDA UN SOÑO E DO DO TEU SOÑO UNHA REALIDADE»
PICA NA IMAXE
CELEBRANDO O MAGOSTO E SAMAÍN
O pasado 2 de novembro celebramos a festa do magosto e samaín cantando a canción, comendo castañas asadas e bebendo batido de chocolate.
Debido ao tempo dese día, non foi posible celebralo todos xuntos como facemos todos os anos pero pasámelo igualmente ben facendo o obradoiro de caretas e cantando a canción que aprendimos con Fausto.
PICA NA IMAXE
Poñendo en práctica os coñecementos sobre as células
Desde a área de Ciencias da natureza, coñecimos as características principais dunha célula, as súas partes e as diferenzas que hai entre as células vexetais e animais, elixiron un tipo dela e expuseron os seus coñecementos mediante unha maqueta.
BEN XEITOSAS TODAS AS CÉLULAS!
PICA NA IMAXE
BUSCANDO AS MENINAS
O pasado luns 23 de outubro, todo o alumnado e profesorado realizamos a actividade cultural «Buscando as Meninas» a través de pistas entregadas nunha folla aos nenos/as de educación primaria e tamén a través das profesoras de educación infantil.
Descubrimos novas meninas, recoñecimos as meninas máis famosas e grandes e fixemos un percorrido polo barrio no que está o noso colexio.
PICA NA IMAXE
Visita ao Cuartel de Dolores
O mércores o alumnado de 5° e 6° de educación primaria realizou unha visita ao Cuartel de Dolores.
Fumos recibidos cun fermoso concerto adaptado a idade do alumnado do noso cole e interpretado pola Banda do Tercio Norte e posteriormente asistimos a diversas actividades organizadas: exhibición canina, mostra de material militar, entre outras.
Agradecemos a todo o persoal do Cuartel que organizou a visita e que nos acompañou con profesionalidade e cariño.
PICA NA IMAXE
Cinema na última sesión do clube de lectura
Con motivo do último encontro do CLUBE DE LECTURA, celebramos unha sesión de cinema nas instalacións da biblioteca. Proxectouse a película Las brujas de Roal Dahl mentres comeron copos de millo e patacas fritas. Levaron un marcapáxinas como recordo.
MÁIS LECTURA O PRÓXIMO CURSO!
PICA NA IMAXE

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O pasado 18 de maio celebramos o Día das letras galegas saíndo do centro en busca de lugares cómodos para ler.
Os nenos/as de 5º educación primaria foron os encargados de realizar a lectura As cousas de don Paco escrita polo escritor homenaxeado Francisco Fernández del Riego.
Todos escoitamos atentamente as anécdotas contadas polos seus obxectos máis utilizados na súa vida.
PICA NA IMAXE
DOAS SANGUE?
Deixando voar a súa imaxinación e tendo en conta a unidade que estabamos a traballar, o alumnado de 6ºEP preparou slogans para concienciar acerca da doazón de sangue na área de ciencias naturais.
Ben xeitosos quedaron estes slogans!


