O mércores o alumnado de 5° e 6° de educación primaria realizou unha visita ao Cuartel de Dolores.
Fumos recibidos cun fermoso concerto adaptado a idade do alumnado do noso cole e interpretado pola Banda do Tercio Norte e posteriormente asistimos a diversas actividades organizadas: exhibición canina, mostra de material militar, entre outras.
Agradecemos a todo o persoal do Cuartel que organizou a visita e que nos acompañou con profesionalidade e cariño.
PICA NA IMAXE