Blog de Quinto y Sexto
PANXOLIÑAS na residencia MI CASA
Tal e como viñemos facendo todos os anos, o alumnado do colexio visitou a residencia de maiores Mi Casa para cantar alí unhas panxoliñas aos asistentes e persoal.
Este ano quíxose sumar á festa os nenos/as máis as profesoras da escola infantil San Rosendo (Cativos).
Esperamos que desfrutaran tanto como nós!
pica na imaxe
Traballando na economía
Un tema que se repite ao longo da educación primaria na área de Ciencias Sociais é o contido relacionado coa economía e máis concretamente, cos sectores económicos. Por iso, os/as estudantes de 6º de educación primaria traballaron este contido a través dun traballo grupal mediante unha presentación oral posterior coa axuda dun arquivo feito en power point.
Queda moito por aprender e practicar pero penso que saiu moi ben!
O clube de lectura no Nadal
Este ano os membros do clube de lectura quixeron repetir a experiencia de visitar as aulas para contar o seu conto de Nadal.
PICA NA IMAXE
IV festival escolar do camiño inglés
O venres 15 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria foi invitados ao IV festival escolar do camiño inglés organizado polas Fanpa Ferrolterra «Concepción Arenal», financiado pola Xunta de Galicia e coa colaboración de Gadis e Alsa.
Acudimos ao porto de Curuxeiras onde desfrutamos dunha peza de teatro que destacaba os puntos fortes da nosa cidade e inicio do camiño: as Meninas de Canido, o Racing de Ferrol, as rondallas, o arroz con leite e a Semana santa. Posteriormente, fixemos a primeira milla do percorrido hacia Santiago de Compostela.
Traballando o Día da discapacidade
Desde a área de Lingua galega, os estudantes de 5º de educación primaria fixeron varias achegas por este día co fin de valorar a importancia das persoas sen ter en conta as súas capacidades pois todos podemos aprender de todos.
O clube de lectura e o Día da discapacidade
Os membros do clube de lectura traballamos o Día da discapacidade nunha das nosas sesións.
Limos o conto Pelo de nube que fala sobre o que nos fai únicos: a diferenza entre nós. Despois, fixemos unha achega sobre persoas coñecidas e famosas en distintos campos como a cultura e a ciencia (entre outros) e para rematar, vimos a curtametraxe The present, galardoado en moitas ocasións.
Animais en perigo
Despois de traballar a clasificación dos animais, decidín que era importante saber que significa que os animais estean en perigo. Mediante unha elección previa de animais e un sorteo posterior, cada alumno/a de 5º de educación primaria investigou sobre varios exemplares que están en perigo en Galicia.
Plantando coa Escola infantil Cativos San Rosendo
Ao inicio desta semana a Escola infantil Cativos San Rosendo invitou ao alumnado de 6º de educación primaria para axudarlles coa preparación da súa horta escolar.
Encantados/as quedamos ao ver como desfrutaron coa nosa visita!
MOITAS GRAZAS POLA INVITACIÓN!
Coñecendo Europa
Despois de coñecer as principais institucións da Unión Europea e de aprender a división territorial do noso continente, o alumnado de 6º de primaria investigou sobre un país europeo escollido por eles. Falaron, entre outros temas, sobre a súa bandeira, a localización e a súa gastronomía.