CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado 18 de maio celebramos o Día das letras galegas saíndo do centro en busca de lugares cómodos para ler.

Os nenos/as de 5º educación primaria foron os encargados de realizar a lectura As cousas de don Paco escrita polo escritor homenaxeado Francisco Fernández del Riego.

Todos escoitamos atentamente as anécdotas contadas polos seus obxectos máis utilizados na súa vida.

PICA NA IMAXE

DOAS SANGUE?

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Deixando voar a súa imaxinación e tendo en conta a unidade que estabamos a traballar, o alumnado de 6ºEP  preparou slogans para concienciar acerca da doazón de sangue na área de ciencias naturais.

Ben xeitosos quedaron estes slogans!

XOGOS POPULARES EN CANIDO

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Hai un tempo, Antón Cortizas veu ao noso centro a explicarnos o seu obxectivo: encher as rúas de nenos e nenas practicando xogos populares durante a celebración dos Maios de Canido. Nós aceptamos e os estudantes de educación infantil e o alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria acudimos ás áreas designadas para xogar á goma, á comba, ao brilé, cos aros, ao zapatiño quieto é

Nenos e profes quedamos encantados con esta actividade!

PICA NA IMAXE

Hábitos saudables desde o CHUF

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

O alumnado de 5º e 6º E.P. recibiron a visita de dous profesionais do sector sanitario que traballan no CHUF.

Esta vez, falaron dos hábitos saudables que son rutinas que moitas veces pasan desapercibidas para nós pero que son importantes: alimentación saudable, hixiene postural, o exercicio físico, entre outros.

III Festival ilustrado de Ferrol

Por En Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado luns 17 de abril, todos os cursos de educación primaria participaron no III Festival ilustrado de Ferrol co fin de promocionar e apoiar a cidade para ser Patrimonio da Humanidade. A nosa actividade estaba relacionada cun baile típico daquela época, o minué, que ensaiamos nos días previos ao evento.

Tivemos a sorte de poder falar uns minutos co alcade e a concelleira de Patrimonio e pousaron con nós nunha foto para o recordo.

                                                                                        pica na imaxe
                                                                     pica na imaxe

 

Primeiros auxilios

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Os estudantes de e 6º de educación primaria recibiron a visita de tres enfermeiras pertencentes á área sanitaria de Ferrol co fin de ensinar accións básicas de primeiros auxilios.

Primeiro comprobaron que coñecementos previos tiñan acerca do tema e logo ensinaron a poñer a unha persoa en posición lateral de seguridade, os números aos que chamar se hai unha emerxencia, como realizar unha RCP e incluso como facer cando atragoámonos cun alimento.

PICA NA IMAXE