II FEIRA CIENTÍFICA – A volta ao mundo

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Que ben o pasamos o martes 11 de marzo pois abrimos as portas do colexio para celebrar coas familias a II Feira científica deseñada polo profesorado membro de Polos creativos e a colaboración e traballo do alumnado.

Aproveitando o noso proxecto vertical relacionado coa volta ao mundo, quixemos pescudar sobre os avances relacionados coa Ciencia que houbo nos distintos países traballados en cada grupo aula. Así, descubrimos como funciona o London Eye a través do We-do, preparamos a masa para unhas baguettes e cruasáns, vimos as grandes e importantes construcións dos romanos, escribimos o noso nome en xeroglífico, puxemos a voar uns cohetes en leite (e fixemos varios lanzamentos duns cohetes no patio), escribimos con tinta china, convertémonos en reporteiros/as nos distintos países e tamén mostramos o merchandising que podemos crear coa máquina de chapas e de láser.

PICA NA IMAXE

MOITO MUNDO POR DIANTE NO ENTROIDO!

Por En Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Grazas ao traballo previo realizado a través do proxecto vertical «A volta ao mundo en 80 días» de alumnos/as, profesorado e persoal non docente, o venres saímos ás rúas da cidade para mostrar os nosos disfraces ás familias alí presentes e aos peóns que paseaban por Ferrol.

Tal e como dicía a canción que cantamos en distintos puntos, pudieron descubrir que había exipcios, franceses de alta cociña, hindúes, xente de New York e italianos, entre outros.

PICA NA IMAXE

Obradoiro científico: a respiración e a capilariedade das plantas

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

A semana pasada o alumnado de 5ºEP rematou a unidade sobre o reino das plantas enfocando a nosa atención nas tres funcións vitais na área de Ciencas da Natureza. Despois, participaron nun obradoiro no cal tiveron que fixarse na respiración dun fento e na capilariedade. Percatáronse de que as burbullas que apareceron na auga ao día seguinte, eran burbullas de aire expulsadas polas follas do fento e tamén puideron observar os vasos condutores do apio tinguidos de cor xunto con algunhas follas.

PICA NA IMAXE

 

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Por En Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O xoves 30 de xaneiro foi o Día internacional da paz. Por mor da chuvia, non puidemos celebrar todos xuntos esta conmemoración pero igualmente estivo festexado nas distintas aulas e na decoración preparada no colexio.

Cantamos a canción de Álvaro Soler «Bajo el mismo sol», aprendimos sobre persoas importantes que traballaron pola paz e ata quixemos engadir un punto divertido co reto dos grous entre todos: familias, nenos/as, claustro e persoal.

PICA NA IMAXE

Cultivando microorganismos

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Desde a área de Ciencias da Natureza, o alumnado de 5º de educación primaria fixo un cultivo na súa casa durante uns quince días a partir dunha placa Petri e caldo de polo con xelatina.

Houbo hipóteses, traballo de campo anotando os cambios que sucederon co paso dos días e conclusións que foron escritas nunha folla que entregou a profe.

Deixo aquí unha pequena mostra co resultados obtidos aínda que houbo máis exemplos pero quedaron na casa.

Isto foi durante o 1º trimestre. Que farán no 2º trimestre?!

A parte básica de todos os seres vivos: a célula

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Durante o primeiro trimestre o alumnado de 6º EP traballou na área de Ciencias da Natureza a parte básica de todos os seres vivos: a célula. Estudamos as súas partes principais, os tipos de cada unha e tamén a súa organización dependendo da función e obxectivo no ser vivo.

Os contidos foron presentados finalmente a partir dunha maqueta feita na casa que mostraron aos seus compañeiros/as.

Nova reunión do club de lectura

Por En Noticias, Quinto y Sexto No hay comentarios

Esta tarde, os pequenos lectores reuníronse de novo para falar sobre as sorprendentes experiencias vividas polo protagonista do libro O rapaz do vestido de David Walliams.👗.
Non faltaron risas,😂 anécdotas e as caras de sorpresa cando Dennis atreveuse a poñer vestidos. Por fin comeza a conseguir os seus soños!🤪

Os rapaces non tardaron en debatir como se pode sentir unha persoa cando a miran por vestir dun xeito diferente.🤔

A continuación, organizamos un xogo sobre os capítulos leídos do libro. Fixemos dous equipos e cada un deles formulou preguntas que o equipo contrario tiña que adiviñar. Foi moi divertido!😊

 

XA ESTAMOS AGARDANDO A PRÓXIMA SESIÓN!

A fase da fecundación

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Este venres o alumnado de 6ºEP entregaron unha tarefa escrita na cal tiñan que presentar as principais partes das células sexuais do ser humano, explicar onde se crean e o percorrido que fai unha delas ata chegar ao seu destino.

Usaron a súa imaxinación, coñecemento, esforzo e creatividade para mostrar estes traballos tan xeitosos!