Visita ao I.E.S. Ferrol Vello

Por En Educación Especial, Quinto y Sexto No hay comentarios

O alumnado de 6º de educación primaria visitaron o I.E.S. Ferrol Vello o pasado 26 de xaneiro. Alí foron recibidos por algúns dos antigos/as alumnos do colexio que lles ensinaron a biblioteca, o laboratorio e a aula de educación artística, entre outras zonas.

Moitas grazas ao instituto por mostrarnos o centro deste xeito tan divertido e didáctico!

 

Misión «planeta Terra e a lúa»

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

O alumnado de 5º de educación primaria traballou a primeira unidade do segundo trimestre en pequenos grupos. Cada un escolleu a temática a traballar tendo en conta unhas preguntas previas.

Búsqueda de información utilizando as TIC, análise, resumos e, por suposto, ensaios para a posterior presentación aos seus compañeiros/as que logo tiveron que xogar un kahoot para comprobar se realmente entenderan os contidos explicados.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e a paz no colexio. Cada curso escolleu unha palabra relacionada coa paz para logo expoñelas en distintas partes do centro educativo e tamén aprenderon a letra da canción «Qué bonito es querer» de Manuel Carrasco.

Chegado o momento, xuntámonos todos no patio do colexio para cantar a canción, pegar o símbolo da paz ao redor dunha pomba e desfrutar dun rato todos xuntos.

Charla educativa sobre a violencia de xénero

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Tras as vacacións do Nadal, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria recibiu a visita dun oficial de policía que traballa na UFAM (Unidade de Atención á Familia e á Muller) co fin de falar sobre a violencia de xénero dentro das charlas do seu programa educativo ofertado.

Explicounos a igualdade de xénero, os perfís de posibles víctimas e agresores, o ciclo do maltrato, así como resolveu as dúbidas que tiñamos anteriormente e que xurdiron durante a sesión.

 

Ferrol, cidade de ferro

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Este venres o alumnado de 5º de primaria acudiu a unha visita obradoiro organizada por A Fundación cuxo obxectivo é reivindicar a cultura urbana como compoñente relevante da identidade galega en xeral e da área de Ferrol en particular, explorando a interacción existente entre o urbanismo, a sociedade e o territorio nunha cidade caracterizada por exemplificar un dos mellores casos de urbanismo ilustrado na península Ibérica, pola súa evolución no século XVIII.

 

 

Ferrol, patrimonio mundial en postal

Por En Colegio, Noticias, Quinto y Sexto No hay comentarios

Co obxectivo de seguir mostrando a nosa cidade aos escolares e promocionala como candidata a patrimonio da Humanidade, o concello convocou un concurso de postais para os/as escolares 4º, 5º e 6º de E.P. e concurso de tiktok para o estudantado da E.S.O.

Aquí debaixo queda unha mostra de todos os participantes do colexio e tamén o acto de entrega de premios onde Sofía (5ºE.P.) resultou gañadora  no concurso de postais coa súa acuarela do porto da nosa cidade.

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR!