A semana pasada os alumnos/as de 5º de educación primaria fixemos unha práctica en ciencias da Natureza diseccionando unha flor para así ver as súas partes. Neste caso, foi un lilium que non ten, por certo, sépalos.
Esta sesión serviunos para repasar as partes da flor e tamén para velas de preto grazas a un microscopio e á lupa microscópica xa usada o curso académico anterior.