Celebramos o Día Mundial da actividade física partcipando nunha marabillosa xornada de atletismo co club Ferrol atletismo. Alí descubrimos as distintas disciplinas que se poden levar a cabo neste deporte: velocidade, relevo, salto de lonxitude …
O grupo de 6ºEP levou a cabo un obradoiro para fabricar plastilina condutora da electricidade desde a área de Ciencias da Natureza. Para iso, utilizaron materiais caseiros como auga, zume concentrado de limón, fariña e sal. Despois, engadiron os cables, a batería, a luce LED e …fíxose a luz!



A semana pasada o alumnado de 5ºEP rematou a unidade sobre o reino das plantas enfocando a nosa atención nas tres funcións vitais na área de Ciencas da Natureza. Despois, participaron nun obradoiro no cal tiveron que fixarse na respiración dun fento e na capilariedade. Percatáronse de que as burbullas que apareceron na auga ao día seguinte, eran burbullas de aire expulsadas polas follas do fento e tamén puideron observar os vasos condutores do apio tinguidos de cor xunto con algunhas follas.
