Reto diario

Por En primero y segundo, Primero y Segundo No hay comentarios

 

 

A natureza estanos a invadir, no 10º reto sacamos unha foto con animais en 3d que viñeron as nosas casas.

Neste 9º reto representamos a ¨batalla co Coronavirus¨, para iso construimos o exército dos doutores e doutoras, e o exército dos virus.

O noso 8º reto consistía en sair do sedentarismo neste tempo de confinamento,e para iso cada un de nós fixemos un circuito de motricidade nas nosas casas…REMATAMOS ESGOTADOS!!!

Hoxe o noso 7º reto, consistiu en pasar tempo en familia xogando a xogos de mesa tradicionais…

Inspirándonos no cadro de Dalí, » Muchacha en la ventana»; o noso 6º reto consistía en debuxar as vistas dende a nosa fiestra, e como nos gustarían que fosen.

0 5º reto consistía en facer un debuxo e unha poesía sobre a primavera, festexando o dia da poesía e a chegada desta estación tan fermosa.

O noso 4º reto foi facer unha escultura coas cousas que tiñamosna casa para esta cuarentena.

Hoxe, aproveitando que foi o día do pai, o 3º reto consistiu en despertar aos nosos pais levándolle o almorzo á cama.

 

O 2º desafío foi dicir un trabalinguas disfrazado do que queiramos.

O noso 1º desafío foi debuxar un arco da vella e colgalo nas nosas fiestras para dar ánimo ás outras persoas que están nas súas casas.

 

Comezamos o noso desafío neste tempo de confinamento, teremos que facer un reto diario que iremos subindo ao blogue diariamente, anímadevos!! que faremos que este tempo pase máis rápido…..

O noso corpo

Por En primero y segundo, Primero y Segundo No hay comentarios

Cambiamos de proxecto, e comezamos cun proxecto novo sobre o corpo humano, pareceunos moi interesante aprende o nome dos ósos , músculos, órganos…

aprendimos o nome dos órganos que nos axudan a realizar as funcións básicas…

Fixemos unha manualidade onde coñecimos como é a boca e a forma dos dentes que nos axudan no aparello dixestivo…

Neste proxecto contamos cun compañeiro novo que se chama Gumersindo, e nos axudou a coñecer como están situados os órganos e os ósos do corpo.