Os nenos de 1º de primaria además de comezar un novo curso, tamén comezamos unha nova etapa, …. XA ESTAMOS EN PRIMARIA !!!!, e como actividade inicial deste ano fixemos unha chamada » ¿Quieres conocerme? , onde cada un de nós tiña que respostar algunhas preguntas sobre os seus datos, gustos….
Blog de Primero y Segundo
despedimos aos de 2º
Pouco hai máis que dicir que esta foto non exprese. Os nenos e nenas de 2º fanse maiores e a súa etapa no cole de arriba xa rematou. Unha etapa chea de descubrimentos, de aprendizaxe, de primeiras amizades, de medos para as familias, de incertidume para os nenos/as… en resumo, dunha morea de sentimentos e de ilusións e que agora dan paso a outra etapa de responsabilidades, de novos mestres e da consolidación das amizades para toda a vida.
Somentes quédame dicir que traballar con este grupo foi un agasallo, que nunca esquecerei, ademáis de por seren a miña primeira promoción, porque sodos uns nenos e nenas fantásticos, non cambiedes nunca!!!!
Sodes marabillosos!!!!!!
shhhhhhhh…!!!!!
os microplásticos
Nesta derradeira semana de curso quixemos continuar co noso traballo de sensibilización e concienciación sobre os problemas medioambientais que hai na nosa sociedade, e traballamos sobre os microplásticos que aparecen nas nosas praias. Pero chamounos moito a atención que existiran no noso planeta varias illas feitas de plástico, sobre todo a gran illa de plástico do Pacífico sur.
Fixemos un experimento para saber como se forman as illas de plástico que hai nos nosos océanos…
Antonio Yañez Casal
Hoxe tivemos a visita do escritor Antonio Yañez Casal que veu a falar sobre o seu libro ¨Icia e o diplodoco caguiñas¨. Compartiu con nós un tempo, e respostou as nosas preguntas.
Fixemos uns cadros en 3d
Despois de levar dous anos traballando con pinturas famosas da Historia do arte, fixemos a nosa propia versión en 3d de cadrosde pintores tan famosos como : Frida Kahlo , Leonardo da Vinci, Munch, Klimt e Magritte …
para remate do proxecto….
E para rematar o noso proxecto dos planetas e o espacio, decidimos facer un video de como nos imaxinamos ou de como podería ser a chegada do home a Lúa ….. sabendo que alí poderimaos atopar a ET, R2D2, C3PO, Batman tomando o sol , Neil ARMSTRONG, …..
E COMO NOS GUSTOU TANTO O PROXECTO, DECIDIMOS QUE PODERÍAMOS FACER UN PLANETARIO E ASÍ PODER CONTARLLE O QUE APRENDIMOS A OS NOSOS COMPAÑEIROS DO COLE DE ARRIBA…..
Letras galegas 2019
Esta semana estivemos traballando a conmemoración do día das Letras Galegas. Este ano o escritor homenaxeado é Antón Fraguas.
continuamos co noso proxecto dos planetas
E despois de que cada grupo traballara o seu planeta, chegou o momento de expoñer e contar as características do seu planeta ao resto dos compañeiros e compañeiras…
Aprendimos que o noso peso está condicionado pola gravidade, por iso na Terra non pesamos igual que noutro planeta, así que para comprendelo mellor fixemos esta actividade na que averiguamos canto pesamos noutros planetas.
Falamos da chegada do home a Lúa, e vimos este xenial video sobre este fito histórico
Aquí Abraham amosounos o seu globo terráqueo que además de ensinarnos a división da Terra en paises e continentes, tamén n…os fala sobre a historia das constelacións de estrelas
o cociñeiro Martiño