

Fixemos unha árbore do respecto coas nosas mans e palabras bonitas…
Despois Luisa contounos o conto de Arturo e Clementina, e comprendimos perfectamente que Clementina se fora a vivir a sua vida, xa que non era feliz…
Puxemos fotos e palabras relacionadas co xeito de tratar ben, enriba de Clementina; e enriba de Arturo as palabras e fotos relacionadas con tratar mal ás persoas…
Aproveitando a época do ano no que estamos fomos a visitar o Parque Raiña Sofía para observar as marabillas do Outono.
No noso proxecto do magosto,coñecimos a un pintor un pouco antigo que se chama Giuseppe Arcimboldo, un pintor italiano, coñecido sobre todo polas súas representacións do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas ou animais
…. ademáis fomos quen de atrevernos a converternos en Arcimboldo….!!!
Traballando pouco a pouco na educación emocional.
Aprendemos a facer avións de papel… e para rematar fixemos unha pequena competición…
Os primeiros meses do curso estivemos traballando no noso 1º proxecto do curso sobre o barrio de Canido e o noso centro escolar. Aquí aprendimos as festas e eventos máis importantes que ocorren no noso barrio, as Meninas, os Maios…. así como as profesións que desempeñan o seu labor na nosa veciñanza. Tamén aprendimos que persoas traballan no noso centro escolar, e cales son as súas funcións. Por último lembramos que tipos de medios transportes coñecemos.
Este curso comezamos unha nova etapa educativa, xa somos nenos de primaria!!! Neste curso teremos novas aventuras, desafíos, … pero comezamos o curso con ALEGRIA!!