Aproveitando a chegada do Nadal e por suposto, Papá Noel e os Reis Magos, o clube de lectura recomenda os seguintes títulos que de seguro, gustarán a quen os lea.
Este ano comezamos a actividade do horto, é unha actividade na que aprenderemos a coidar, prantar e recolleitar os produtos do noso horto. Levarase ao cabo nos hortos colectivos situados a carón do Centro Cívico de Canido e o coidaremos entreo tódolos cursos do noso colexio.
Este foi o noso primeiro día , e a verdad é que estábamos moi ilusionados e nerviosos….
Neste proxecto traballamos os nomes do rueiro do noso barrio, Canido, e as persoas que están detrás dos nomes destas rúas. A verdade é que coñecimos a persoas que fixeron cousas moi importantes na nosa cidade ou na nosa sociedade.
