A primavera xa chegou ao colexio!
Hoxe saímos do centro escolar para recoller flores e follas verdes desta estación que comezou hai uns días. Todo o alumnado decorou despois a súa bolboreta, maceta, xarrón, marco…pintado a inicio desta semana en clase.
Aquí tedes unha pequena mostra do xeitosos que quedaron!
