Onte toda a etapa de Educación Primaria celebrou o Día da Educación Física na rúa xogando en distintos emprazamentos do barrio de Canido. Desfrutaron de cada un dos xogos separados por estacións seguindo as instrucións de Ana e outros/as profes que alí acudiron.
Moitas grazas ao COLEF Galicia por realizar esta actividade poñen, así, en relevancia o papel importante que xoga a Educación Física na sociedade e na saúde mental da man de todos e todas os/as profesionais implicados.
O pasado venres, o centro celebrou o día internacional da muller 8M despois de traballar a igualdade de xénero en pequenos debates a través de imaxes e vídeos que mostraban dita situación.
Por mor do tempo atmosférico non puidemos xuntarnos todos como adoitamos facer sempre que hai unha conmemoración. Porén, cantamos a canción «La puerta violeta» de Rozalén (algúns utilizaron tamén a lingua de signos), comentamos as imaxes e tamén deixamos os nosos lazos violetas na porta e nos peches que hai arredor do patio.
PICA NA IMAXE
Este venres celebramos o día de Rosalía de Castro, a nosa
escritora máis ilustre. Unha muller defensora da nosa lingua e a
nosa cultura.
Desde o club de lectura realizamos unha actividade para dar a
coñecer a nosa autora e recoñecer o traballo realizado por ela.
PICA NA IMAXE
Este ano, o conto do Principiño cobrou vida no colexio durante o entroido.
O noso alumnado representou as personaxes do libro coa elaboración dos disfraces, dentro do proxecto vertical que se está a levar a cabo ao longo deste curso. A través do mesmo, traballamos valores como a confianza e a disciplina, entre outros.
O pasado xoves tivemos a gran sorte de recibir a visita dunha Muller científica que nos ensinou o papel fundamental, aínda que descoñecido, das mulleres nos avances da ciencia. Tamén nos fixo reflexionar sobre valores como a igualdade de xénero, de oportunidades e de respecto. Estes valores foron amosados a través dun contacontos no que se mesturou a ciencia e a aprendizaxe.
PICA NA IMAXE
Deixamos un resumo da celebración realizada hoxe polo día da paz.
Aquí debaixo quedan tres vídeos nos que podedes ver o «Xogo de nenos» que fixemos recordando o programa de televisión.
Durante o mes de decembro comenzamos o programa dos Polos Creativos. Dito programa ten como obxectivo fomentar a creatividade a través da superación de retos, a resolución de problemas e a realización de prototipos, entre outros.
A primeira experiencia foi un obradoiro de Robótica: infantil utilizou o SuperDoc e os cursos de primaria o Lego Wedo 2.0.
Ao longo do ano realizaremos máis obradoiros e actividades que rematarán nunha gran sorpresa!!
PICA NA IMAXE

A comunidade educativa celebrou o seu particular fin de ano o último xoves lectivo. Houbo tempo para o baile, as cancións e para festexar a entrada ao novo ano despois de comer e brindar.
FELIZ 2024!
PICA NA IMAXE
Tal e como viñemos facendo todos os anos, o alumnado do colexio visitou a residencia de maiores Mi Casa para cantar alí unhas panxoliñas aos asistentes e persoal.
Este ano quíxose sumar á festa os nenos/as máis as profesoras da escola infantil San Rosendo (Cativos).
Esperamos que desfrutaran tanto como nós!
pica na imaxe

Este ano os membros do clube de lectura quixeron repetir a experiencia de visitar as aulas para contar o seu conto de Nadal.