



























































































































Hoxe, o Dia da PAZ, estivemos traballando coa canción que eliximos no colxio para cantar na celebración deste día, que é ¨¿ Por qué no ser amigos?¨ de Hombres G. Nesta actividade cada neno tiña que escoller unha frase da letra da canción que fora a que máis lle gustara, chamara a atención ,ou coa que máis se identificara a paz…, e despois facer un debuxo relacionada con esa frase.
Estamos dando a composición da Terra, e con ela xurdiunos a curiosidade de como entra en erupción un volcán, e por iso fixemos este experimento. Tanto ao profe coma o ¨Doutor Matheus¨ tivemos a mesma idea de ahí que haxa dous tipos de volcáns……
Tamén Carlos aportou o seu volcán…..
Aprendimos cales son as partes que forman a Terra.
Eloy trouxonos diferentes minerais para que poideramos ver as cualidades de cada un.
A semana pasada estivemos facendo unha actividade para traballar a cohesión do grupo e tentar mellorar a autoestima dos nenos que pasan máis desapercibidos, así coma cambiar a percepción que teñen deles o resto da clase. Para isto cada neno, tiña que escribir unha cualidade do neos que elixiron.
Hoxe comezamos o tema novo de sociais, que nos fala sobre a terra, o aire e o auga. Para comezar dividimos un Planeta Terra de Plastilina, e cal a nosa sorpresa cando vimos que por dentro podiamos diferenciar as diferentes partes que compoñen a terra…