Estamos traballando o Ciclo do auga, e para comprendelo mellor e dun xeito máis gráfico Adriana fixo esta manualidade coa que nos explicou como funciona o ciclo.

































O luns, 25 de febreiro, estivemos a falar sobre a escritora Rosalía de Castro, co motivo do seu aniversario. Traballamos o poema: «Adeus ríos, adeus fontes» da súa obra Cantares Gallegos.
Xogamos a converternos en Rosalia de Castro por un día….
Para rematar co dia de Rosalia os nosos alumnos Claudia, Noelia e Alvaro nos amosaron o seu traballo feito con pictogramas e contaron a historia desta autora.