Un ano maís todos o nenos e nenas do colexio celebramos os maios. Unha festa moi especial no noso barrio, na que todos xuntos conseguimos por uns días encher as nosas rúas de flores e alegría.

A primavera xa chegou ao colexio!
Hoxe saímos do centro escolar para recoller flores e follas verdes desta estación que comezou hai uns días. Todo o alumnado decorou despois a súa bolboreta, maceta, xarrón, marco…pintado a inicio desta semana en clase.
Aquí tedes unha pequena mostra do xeitosos que quedaron!

Esta mañana, los grupos de 3º y 4º de educación primaria recibieron la visita de Fátima, bibliotecaria de Narón.
Primero, los estudiantes escucharon atentamente las labores que realiza en la biblioteca donde trabaja. Más tarde, comentaron qué era el reto lector y recibieron un diploma por su participación y esfuerzo.
Para conmemorar o “Día Mundial do Síndrome de Down», elaboramos un vídeo onde a comunidade do colexio participou.
Queridas familias, gustaríanos agradecer a vosa colaboración na elaboración de todos os deseños enviados.
Camiñando todos xuntos conseguiremos un mundo máis inclusivo.

A Semana da Prensa Escrita polo Día Internacional da Muller contou este ano con tres invitadas moi especiais, tres mulleres ferrolás que representan talento, creatividade e paixón pola cidade onde residen: Patricia Cabrera, Inés Santiago e Blanca Escrigas.
Cada unha participou dun xeito distinto, acercando a súa experiencia profesional aos estudantes e mostrando diferentes maneiras de comunicar e contar historias.
PATRICIA CABRERA, antiga capitana do Uni Ferrol (Baxi) e actual adestradora do UNI2, participou nun podcaste co alumnado de 5º e 6º Educación primaria, onde falou sobre o deporte, a importancia do traballo en equipo e da súa carreira profesional. Unha conversa que permitiu coñecer como se vive o baloncesto desde dentro e como o deporte axuda a comunicar valores.
Pola súa parte, BLANCA ESCRIGAS, ilustradora e escritora, acudiu ás aulas dos máis pequenos do colexio (educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria). Non tivo problema en responder algunhas preguntas e participar na elaboración do Diario San Rosendo, compartindo un rato cheo de creatividade e entusiasmo por parte de adultos e nenos/as.
Finalmente, INÉS SANTIAGO, ex triatleta de alto nivel e creadora de contido que promove a cidade a través das súas redes sociais como @tia.carminha, protagonizou unha especial roda de prensa cos estudantes de 3º e 4º Educación primaria. A través das súas preguntas, o alumnado descubriu como era a súa vida dedicada ao deporte, que lle impulsou a deixalo e que está a facer hoxe en día despois de estudar Marketing, amais do traballo no proxecto familiar Artesa.
Tres experiencias distintas relacionadas coa prensa que uniron deporte, comunicación e creatividade.
Está no perfil de Instagram os resultados das entrevistas realizadas.
Este ano, o noso proxecto de centro está relacionado cos contos de Andersen con motivo do seu 150 aniversario. Por iso, decidimos saír as rúas o xoves preparados e preparadas para ler o conto antes de durmir.
(pica na imaxe)
Información importante sobre comedores escolares pola seguridade alimentaria e nutrición para o fomento dunha alimentación saudable e sostible nos centros educativos, cuxa implantación levarase a cabo entre abril de 2026 e abril de 2027.
Prema aquí abaixo