Blog
VUELTA AL COLE
REUNIÓNS INFORMATIVAS E. INFANTIL CURSO 2019/2020
CORRECCIÓN LIBROS DE TEXTO
LISTADO DE LIBROS Y MATERIAL ESCOLAR
50 ANOS CAMIÑANDO
https://www.youtube.com/watch?v=AbE2RIj_J7E&feature=youtu.be
despedimos aos de 2º
Pouco hai máis que dicir que esta foto non exprese. Os nenos e nenas de 2º fanse maiores e a súa etapa no cole de arriba xa rematou. Unha etapa chea de descubrimentos, de aprendizaxe, de primeiras amizades, de medos para as familias, de incertidume para os nenos/as… en resumo, dunha morea de sentimentos e de ilusións e que agora dan paso a outra etapa de responsabilidades, de novos mestres e da consolidación das amizades para toda a vida.
Somentes quédame dicir que traballar con este grupo foi un agasallo, que nunca esquecerei, ademáis de por seren a miña primeira promoción, porque sodos uns nenos e nenas fantásticos, non cambiedes nunca!!!!
Sodes marabillosos!!!!!!
shhhhhhhh…!!!!!
os microplásticos
Nesta derradeira semana de curso quixemos continuar co noso traballo de sensibilización e concienciación sobre os problemas medioambientais que hai na nosa sociedade, e traballamos sobre os microplásticos que aparecen nas nosas praias. Pero chamounos moito a atención que existiran no noso planeta varias illas feitas de plástico, sobre todo a gran illa de plástico do Pacífico sur.


Fixemos un experimento para saber como se forman as illas de plástico que hai nos nosos océanos…
Antonio Yañez Casal
Hoxe tivemos a visita do escritor Antonio Yañez Casal que veu a falar sobre o seu libro ¨Icia e o diplodoco caguiñas¨. Compartiu con nós un tempo, e respostou as nosas preguntas.









