Blog
50 ANOS CAMIÑANDO
https://www.youtube.com/watch?v=AbE2RIj_J7E&feature=youtu.be
despedimos aos de 2º
Pouco hai máis que dicir que esta foto non exprese. Os nenos e nenas de 2º fanse maiores e a súa etapa no cole de arriba xa rematou. Unha etapa chea de descubrimentos, de aprendizaxe, de primeiras amizades, de medos para as familias, de incertidume para os nenos/as… en resumo, dunha morea de sentimentos e de ilusións e que agora dan paso a outra etapa de responsabilidades, de novos mestres e da consolidación das amizades para toda a vida.
Somentes quédame dicir que traballar con este grupo foi un agasallo, que nunca esquecerei, ademáis de por seren a miña primeira promoción, porque sodos uns nenos e nenas fantásticos, non cambiedes nunca!!!!
Sodes marabillosos!!!!!!
shhhhhhhh…!!!!!
os microplásticos
Nesta derradeira semana de curso quixemos continuar co noso traballo de sensibilización e concienciación sobre os problemas medioambientais que hai na nosa sociedade, e traballamos sobre os microplásticos que aparecen nas nosas praias. Pero chamounos moito a atención que existiran no noso planeta varias illas feitas de plástico, sobre todo a gran illa de plástico do Pacífico sur.


Fixemos un experimento para saber como se forman as illas de plástico que hai nos nosos océanos…
Antonio Yañez Casal
Hoxe tivemos a visita do escritor Antonio Yañez Casal que veu a falar sobre o seu libro ¨Icia e o diplodoco caguiñas¨. Compartiu con nós un tempo, e respostou as nosas preguntas.
FESTA DE BENVIDA
Los niños y niñas de 5 años viajamos al maravilloso mundo de Jane Goodall.
Fixemos uns cadros en 3d
Despois de levar dous anos traballando con pinturas famosas da Historia do arte, fixemos a nosa propia versión en 3d de cadrosde pintores tan famosos como : Frida Kahlo , Leonardo da Vinci, Munch, Klimt e Magritte …

para remate do proxecto….
E para rematar o noso proxecto dos planetas e o espacio, decidimos facer un video de como nos imaxinamos ou de como podería ser a chegada do home a Lúa ….. sabendo que alí poderimaos atopar a ET, R2D2, C3PO, Batman tomando o sol , Neil ARMSTRONG, …..
E COMO NOS GUSTOU TANTO O PROXECTO, DECIDIMOS QUE PODERÍAMOS FACER UN PLANETARIO E ASÍ PODER CONTARLLE O QUE APRENDIMOS A OS NOSOS COMPAÑEIROS DO COLE DE ARRIBA…..
