Pouco hai máis que dicir que esta foto non exprese. Os nenos e nenas de 2º fanse maiores e a súa etapa no cole de arriba xa rematou. Unha etapa chea de descubrimentos, de aprendizaxe, de primeiras amizades, de medos para as familias, de incertidume para os nenos/as… en resumo, dunha morea de sentimentos e de ilusións e que agora dan paso a outra etapa de responsabilidades, de novos mestres e da consolidación das amizades para toda a vida.
Somentes quédame dicir que traballar con este grupo foi un agasallo, que nunca esquecerei, ademáis de por seren a miña primeira promoción, porque sodos uns nenos e nenas fantásticos, non cambiedes nunca!!!!
Sodes marabillosos!!!!!!