Eleccións municipais en 3º E.P.

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

   Ao longo das semanas do segundo trimestre, os estudantes de 3ºEP traballaron na creación dunha campaña electoral co fin de vivir a experiencia da votación a alcalde ou alcaldesa da «cidade» deste curso.

Cada equipo pensou:

  • nome do seu partido político 
  • unha frase para captar a atención dos votantes
  • dúas promesas que puideran levarse a cabo na clase co fin de potenciar o benestar de todos, profesorado e alumnado.
  • presentación oficial da súa propaganda electoral

   Posteriormente, cada neno escolleu libremente e con dereito o partido que máis gustou a cada un.

   Por último, os concelleiros e concelleiras do partido político gañador escolleu o alcalde. Neste caso, temos unha alcaldesa.

ELAS CRERON NA MAXIA DO CAMIÑO

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

Querido diario, o pasado 8 de marzo, «DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES», estivemos traballando no colexio sobre a vida dalgunhas mulleres que fixeron historia na nosa terra e que desempeñaron un papel importante non só na nosa comunidade, senón tamén a nivel internacional, aínda que, nalgúns casos, as súas fazañas apenas son coñecidas.

 

Proxecto dos planetas

Por En primero y segundo, Primero y Segundo No hay comentarios

Neste trimestre estivemos traballando e aprendendo sobre o noso Sistema Solar , os planetas que o compoñen,  a súa composición, tamaño….Tamén coñecimos a viaxeiros espaciais…!!!

Comezamos o proxecto vendo que sabíamos do espacio. E despois xa entramos en materia aprendendo cousas sobre os planetas.

Despois de coñecer como están situados os planetas no Sistema Solar, e as súas órbitas, comezamos a formar o noso mapa do espacio tamaño XL.

Deseñamos e inventamos uns transportes para poder viaxar polo espacio…

Coñecimos a viaxeiros espaciais moi importantes, incluindo a 1ª cosmonauta muller, ou un astronauta español…..

Fixemos moitos cálculos para poder viaxar….

Aprendimos cousas sobre a chegada á Lúa e sobre todo do noso planeta….

Co traballo de todos conseguimos facer a nosa representación do Sistema solar, cos planetas, asteroides, foguetes espaciais, satélites e o Perseverance.

Incluso un neno fixo un Sistema¨ Paxaril¨, o noso Sistema Solar convertindo os planetas en paxaros. Que fantástica idea!!!

A MAXIA DO CAMIÑO

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

Empezamos un novo Proxecto no que todos os nenos/as do colexio, desde 3 anos ata 6º de Primaria, tentaremos descubrir “A MAXIA DO CAMIÑO“.

 

Ao longo do CAMIÑO iremos recollendo neste diario  todas as experiencias, aprendizaxes e vivencias que vaiamos experimentando no noso percorrido. Esperamos que vos resulten interesantes e que nos acompañedes a través del durante o noso camiño.

YA LLEGA EL CARNAVAL

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

El pasado viernes, 12 de febrero fue un día muy especial en el cole porque, a pesar de la pandemia, pudimos celebrar y disfrutar del CARNAVAL.

En nuestras clases hicimos caretas, antifaces…. pero lo más divertido fue que pudimos hacer una pequeña fiesta en nuestras clases disfrazados de nuestros personajes favoritos.

En el vídeo podréis ver lo bien qué lo pasamos!!!

 

Me olvidaba contaros que los profes también se disfrazaron!!!

 

 

 

 

 

 

Aquí tenéis todas las fotos del vídeo en PDF: CARNAVAL

VIVIMOS O ENTROIDO

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

Queridas familias achégase o Entroido. Este ano o noso Entroido será diferente, non poderemos contar coa vosa compañía ao longo do noso percorrido polas rúas de Ferrol, pero o que si tentaremos é que todos os nosos nenos e nenas póidano vivir coa mesma ilusión dentro das súas aulas, cos seus grupos estables de convivencia. Aquí deixámosvos o programa de actos para estes días.

Comprometémonos a enviarvos todas s imaxes e vídeos destas celebracións para que poidades disfrutar delas cos vosos fillos/as desde a casa.

PAZ, PAZ, PAZ

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

La pasada semana celebramos en el colegio el «DÍA DE LA PAZ Y LA NO VIOLENCIA». Aquí tenéis un resumen de todas las actividades que los niños y niñas realizaron en el colegio y de la coreografía que prepararon.

 

 

 

 

LATEXOS DA CIDADE

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

O pasado 3 de decembro tivemos unha visita moi especial.  Visitáronnos as cámaras do programa LATEXOS DA CIDADE. Un programa que ten como obxectivo tomarlle o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares nos que traballan.  Neste ocasión as cámaras do programa poideron ver moi de cerca os LATEXOS DO NOSO COLEXIO e como tivemos que adaptarnos ás medidas preventivas contra a Covid para continuar desenvolvendo o noso día a día. Adaptando as nosas instalación, organización, horarios… a nova situación, sen perder en ningún momento a ilusión e a enerxía que nos transmiten todos os días os nosos nenos/as. Aquí tedes o resultado da visita.