Neste trimestre estivemos traballando e aprendendo sobre o noso Sistema Solar , os planetas que o compoñen, a súa composición, tamaño….Tamén coñecimos a viaxeiros espaciais…!!!

Comezamos o proxecto vendo que sabíamos do espacio. E despois xa entramos en materia aprendendo cousas sobre os planetas.

Despois de coñecer como están situados os planetas no Sistema Solar, e as súas órbitas, comezamos a formar o noso mapa do espacio tamaño XL.

Coñecimos a viaxeiros espaciais moi importantes, incluindo a 1ª cosmonauta muller, ou un astronauta español…..

Co traballo de todos conseguimos facer a nosa representación do Sistema solar, cos planetas, asteroides, foguetes espaciais, satélites e o Perseverance.

Incluso un neno fixo un Sistema¨ Paxaril¨, o noso Sistema Solar convertindo os planetas en paxaros. Que fantástica idea!!!
