Querido diario, o pasado 8 de marzo, «DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES», estivemos traballando no colexio sobre a vida dalgunhas mulleres que fixeron historia na nosa terra e que desempeñaron un papel importante non só na nosa comunidade, senón tamén a nivel internacional, aínda que, nalgúns casos, as súas fazañas apenas son coñecidas.