Os nenos de 2º estivemos traballando os cadros do pintor americano Keith Haring e fixemos estas creacións tan personalizadas e marabillosas!!!!
Blog
CELEBRAMOS EL DÍA DE LA CONSTITUCIÓN

En que pensamos…?
As mascarillas así non!!!
Queremos reivindicar o uso axeitados das mascarillas…… Polo tanto levar o tapabocas de calquera destes xeitos é coma non levalo….
A contaminación debido ao Covid
Ademais dos problemas de saude que trouxo a pandemia do Covid, tamén produciu a aparición de novas especies animais¨¨, como o peixe guantazo, o peixe tapabocas, o atascarredes, o cabaliño hidroalcohólico ou o sargo desinfectantus…..
o Magosto
No magosto aprendimos poesías e refráns sobre este festa da nosa cultura.
MenS saNa iN CorpoRe SanO
As áreas de Educación física e Naturais decidimos xuntarnos en 3º EP para levar a cabo un pequeno pero movido proxecto no que combinamos os hábitos saudables contra as enfermidades.
Primeiro, cada equipo de traballo (formado xa desde inicio de curso) traballou un contido a través dun pequeno texto:
- Ejercicio físico en nuestras vidas
- Una buena alimentación es básica para estar sanos
- Luchamos contra posibles enfermedades
- Higiene postural y corporal
- Toca descansar
Logo, escollimos as palabras clave de cada documento e fixemos un pequeno resumo. Ao mesmo tempo, puxemos en práctica os contidos traballados nas sesións de Educación física a través da actividade física e xogos con tarxetas.
En terceiro lugar, escribiron o anteriormente feito nunha cartolina á que engadiron debuxos relacionados co tema. Posteriormente, comentaron aos compañeiros o traballo realizado e responderon as preguntas.
Finalmente, as profes decidimos crear un kahoot para averiguar se o proxecto tivera resultado.
Deixamos un vídeo co resumo do seu traballo 🙂
A tope coas máquinas!
Despois de coñecer que é unha máquina, os tipos que hai e a cantidade de máquinas simples que temos ao noso arredor e que usamos todos os días (ou case), os nenos de 4º EP decidimos crear obxectos cotidianos utilizando máquinas simples como poden ser unha polea, unha panca, un plano inclinado ou unha roda. O resultado é espectacular!
Aviso: aquí hai grandes e futuros enxeñeiros! 😉
ENSINO A DISTANCIA
Tendo en conta a Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19.
No seguinte enlace tedes o «Plan de Ensino a Distancia do Colexio San Rosendo» que se aplicará no suposto de «Peche do Colexio».
CELEBRAMOS O MAGOSTO