(R)COÑECENDO OS MAIOS

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Con motivo da celebración dos Maios de Canido, o pasado venres 6 festexamos e adornamos o colexio implicándonos deste xeito, na decoración floral do barrio ao mesmo tempo que aportamos máis contido de xeito práctico ao proxecto (R)coñecendo Canido que estamos a levar a cabo.
 Velaquí neste vídeo unha pequena mostra de todo o proceso: facendo as guirnaldas, decorando o noso cruceiro, bailando ao son da gaita de Fausto… foi un día moi alegre para todo o claustro e alumnado.

 

Charla sobre la violencia de género

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Un oficial de policía que trabaja en la UFAM (Unidad de Atención a la Familia y a la Mujer) visitó el aula de 6º EP para dar una charla sobre la violencia de género dentro del programa educativo que ofrecen. Nos explicó la igualdad de género, los perfiles de las víctimas y agresores, el ciclo del maltrato, así como, nos resolvió todas las dudas que teníamos anteriormente y que fueron surgiendo durante la sesión.

 

 

 

AO AIRE LIBRO

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O alumnado e profesorado do colexio saímos do centro educativo con motivo do Día do libro e aproveitamos o proxecto (R)coñecendo Canido que estamos a levar a cabo para escoller un lugar tranquilo do barrio no que se localiza o colexio e así desfrutar moito máis do tempo de lectura diario.

Amais, deseñamos uns marcapáxinas da man de SAVE THE CHILDREN para vendelos simbolicamente e enviar a nosa axuda ao pobo ucraniano.

 

Visitamos a escola de mobilidade

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Os estudantes de 4º de educación primaria visitamos o pasado 19 de abril as instalacións da escola de mobilidade, traballo desenvolto pola Policía Local en materia de seguridade viaria xunto ás concellarías de Seguridade, Obras e Servizos, Urbanismo e Mobilidade.

Desfrutamos moito desta mañá vendo un coche patrulla por dentro, probando os chalecos … para logo conducir seguindo as normas e instrucións dadas previamente.

 

 

 

 

 

Día da muller

Por En Primero y Segundo, primero y segundo No hay comentarios

Polo 8M, o Día da Muller, quixemos poñer en valor o papel e a importancia da muller na sociedade, e traballar a igualdade de xénero como un eixo fundamental da educación nestas novas xeracións.

Para este día quixemos coñecer a figura dunha muller moi importante na súa época , unha valente , e unha pioneira, Sofía Casanova, unha galega que foi a primeira muller corresponsal de guerra do noso país.

 

Para coñecer un pouco a vida e a persona de Sofía Casanova, vimos algúns vídeos….