25 de novembro, día contra a violencia

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

O pasado 25 de novembro conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Dentro dos actos levados ao cabo no centro, falamos en cada aula da importancia do respecto, compromiso, empatía e amor por e para todas as persoas a través do conto Arturo e Clementina e  posteriormente, fixemos unha cadea contra a violencia de xénero dixital no patio central do colexio.

A Historia da miña vida

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Con esta primeira unidade adentrámonos na Historia e estudamos a liñá do tempo da Humanidade xunto coas súas manifestacións máis importantes. Tamén, quixen demostrarlles que todos formamos parte da historia doutras persoas, xa sexa entre os compañeiros da escola, na nosa familia, cos amigos do parque…polo que a historia da nosa vida é relevante!

Deixo aquí unha pequena mostra dos traballos tan ben feitos por todos!

 

Europa, que grande é!

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Moito aprendimos sobre o noso continente europeo!

Despois de traballar a unidade, cada estudante escolleu un país de Europa e responderon unhas preguntas usando a súa imaxinación e creatividade.

Aquí unha pequena mostra dos seus traballos.

Finalistas no concurso de debuxo «la Pesca» da semana da ciencia

Por En Noticias, Quinto y Sexto No hay comentarios

Dous dos nosos alumnos foron seleccionados polo xurado do Concurso de Dibujo Escolar «La Pesca» integrado na XII Semana de la Ciencia dentro del Año Internacional del Desarrollo.

Este sábado darán os nomes dos gañadores no Liceo Casino de Pontevedra. Desexámosvos moita sorte aínda que xa gañastes sendo seleccionados con outros participantes a nivel nacional.

 

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Con motivo do Día Mundial da Infancia que se celebra cada 20 de novembro, os estudantes e profesorado do colexio quixemos celebrar esta data levando a cabo unha actividade dobre: a lectura da adaptación do título Unha chea de familias levada a cabo polo clube de lectura e posterior charla sobre as distintas familias da man de dúas nais da comunidade educativa.