…seguimos cos retos diarios

Por En Primero y Segundo, primero y segundo No hay comentarios

No 12º reto decidimos poñer cor a estes días tristes que estamos a vivir……

 

 

 

No 11º reto aproveitamos que onte foi o Dia Internacional do conto infantil, no que se conmemora o nacemento do escritor Hans Christian Andersen, e por iso fixemos unha versión do seu conto ¨O soldadiño de chumbo¨, mediante a actividade do folio xiratorio, ¨dun xeito virtual¨…

 

 

Continuamos cos retos, e nesta ocasión no 11º reto tivemos que convertirnos en modelos de cadros famosos….. somos uns e unhas artistas

Reto diario

Por En primero y segundo, Primero y Segundo No hay comentarios

 

 

A natureza estanos a invadir, no 10º reto sacamos unha foto con animais en 3d que viñeron as nosas casas.

Neste 9º reto representamos a ¨batalla co Coronavirus¨, para iso construimos o exército dos doutores e doutoras, e o exército dos virus.

O noso 8º reto consistía en sair do sedentarismo neste tempo de confinamento,e para iso cada un de nós fixemos un circuito de motricidade nas nosas casas…REMATAMOS ESGOTADOS!!!

Hoxe o noso 7º reto, consistiu en pasar tempo en familia xogando a xogos de mesa tradicionais…

Inspirándonos no cadro de Dalí, » Muchacha en la ventana»; o noso 6º reto consistía en debuxar as vistas dende a nosa fiestra, e como nos gustarían que fosen.

0 5º reto consistía en facer un debuxo e unha poesía sobre a primavera, festexando o dia da poesía e a chegada desta estación tan fermosa.

O noso 4º reto foi facer unha escultura coas cousas que tiñamosna casa para esta cuarentena.

Hoxe, aproveitando que foi o día do pai, o 3º reto consistiu en despertar aos nosos pais levándolle o almorzo á cama.

 

O 2º desafío foi dicir un trabalinguas disfrazado do que queiramos.

O noso 1º desafío foi debuxar un arco da vella e colgalo nas nosas fiestras para dar ánimo ás outras persoas que están nas súas casas.

 

Comezamos o noso desafío neste tempo de confinamento, teremos que facer un reto diario que iremos subindo ao blogue diariamente, anímadevos!! que faremos que este tempo pase máis rápido…..

O noso corpo

Por En primero y segundo, Primero y Segundo No hay comentarios

Cambiamos de proxecto, e comezamos cun proxecto novo sobre o corpo humano, pareceunos moi interesante aprende o nome dos ósos , músculos, órganos…

aprendimos o nome dos órganos que nos axudan a realizar as funcións básicas…

Fixemos unha manualidade onde coñecimos como é a boca e a forma dos dentes que nos axudan no aparello dixestivo…

Neste proxecto contamos cun compañeiro novo que se chama Gumersindo, e nos axudou a coñecer como están situados os órganos e os ósos do corpo.

mulleres científicas

Por En primero y segundo, Primero y Segundo No hay comentarios

En conmemoración do 8 de marzo, día da muller,comezamos un ciclo de traballo sobre mulleres importantes ou mulleres que fixeron fitos importantes na nosa historia mundial.

Comezamos coñecendo a primeira muller, Christina Koch; astronauta norteamericana que batiu o record femenino de permanencia no espacio.

Despois de coñecer a esta astronauta decidimos dar un paseo polo espacio ….

 

 

Proxecto sobre o 50 aniversario do cole

Por En Primero y Segundo, primero y segundo No hay comentarios

Este ano estamos de aniversario, o noso cole cumple 50 anos, e por ser tan importante esta data decidimos que todo o cole fixera un proxecto sobre este fito no noso centro. Por iso voltamos ao ano 1969 …

O Quencemento global

Por En Primero y Segundo, primero y segundo No hay comentarios

En setembro, coincidindo coa cumbre climática e apoiando unha iniciativa mundial, nós decidimos facer un proxecto sobre o quencemento global e as consecuencias sobre o noso planeta.

Gustounos moita saber cousas sobre Greta, xa que nós quermos implicarnos coma ela para coidar o nosa planeta, xa que » Non hai un planeta B». Ela lémbranos sempre as normas da clase…