Reto diario

Por En Primero y Segundo, primero y segundo No hay comentarios

 

 

A natureza estanos a invadir, no 10º reto sacamos unha foto con animais en 3d que viñeron as nosas casas.

Neste 9º reto representamos a ¨batalla co Coronavirus¨, para iso construimos o exército dos doutores e doutoras, e o exército dos virus.

O noso 8º reto consistía en sair do sedentarismo neste tempo de confinamento,e para iso cada un de nós fixemos un circuito de motricidade nas nosas casas…REMATAMOS ESGOTADOS!!!

Hoxe o noso 7º reto, consistiu en pasar tempo en familia xogando a xogos de mesa tradicionais…

Inspirándonos no cadro de Dalí, » Muchacha en la ventana»; o noso 6º reto consistía en debuxar as vistas dende a nosa fiestra, e como nos gustarían que fosen.

0 5º reto consistía en facer un debuxo e unha poesía sobre a primavera, festexando o dia da poesía e a chegada desta estación tan fermosa.

O noso 4º reto foi facer unha escultura coas cousas que tiñamosna casa para esta cuarentena.

Hoxe, aproveitando que foi o día do pai, o 3º reto consistiu en despertar aos nosos pais levándolle o almorzo á cama.

 

O 2º desafío foi dicir un trabalinguas disfrazado do que queiramos.

O noso 1º desafío foi debuxar un arco da vella e colgalo nas nosas fiestras para dar ánimo ás outras persoas que están nas súas casas.

 

Comezamos o noso desafío neste tempo de confinamento, teremos que facer un reto diario que iremos subindo ao blogue diariamente, anímadevos!! que faremos que este tempo pase máis rápido…..

Los comentarios están cerrados