Aproveitando a época do ano no que estamos fomos a visitar o Parque Raiña Sofía para observar as marabillas do Outono.






Aproveitando a época do ano no que estamos fomos a visitar o Parque Raiña Sofía para observar as marabillas do Outono.
No noso proxecto do magosto,coñecimos a un pintor un pouco antigo que se chama Giuseppe Arcimboldo, un pintor italiano, coñecido sobre todo polas súas representacións do rostro humano a partir de flores, froitas, plantas ou animais
…. ademáis fomos quen de atrevernos a converternos en Arcimboldo….!!!
Traballando pouco a pouco na educación emocional.
Aprendemos a facer avións de papel… e para rematar fixemos unha pequena competición…
Os primeiros meses do curso estivemos traballando no noso 1º proxecto do curso sobre o barrio de Canido e o noso centro escolar. Aquí aprendimos as festas e eventos máis importantes que ocorren no noso barrio, as Meninas, os Maios…. así como as profesións que desempeñan o seu labor na nosa veciñanza. Tamén aprendimos que persoas traballan no noso centro escolar, e cales son as súas funcións. Por último lembramos que tipos de medios transportes coñecemos.
Este curso comezamos unha nova etapa educativa, xa somos nenos de primaria!!! Neste curso teremos novas aventuras, desafíos, … pero comezamos o curso con ALEGRIA!!
Despois de facer un ditado sobre o libro de ELMER, fixemos un debuxo de como nos imaxinamos ó elefante Elmer, que no tiña cor de elefante senon que estaba feito de retais de cores.
No día de Rosalía estivemos traballando a vida desta ilustre escritora galega ademais de a súa poesía ¨Adios ríos , Adiós fontes¨…
Neste trimestre estivemos traballando e aprendendo sobre o noso Sistema Solar , os planetas que o compoñen, a súa composición, tamaño….Tamén coñecimos a viaxeiros espaciais…!!!
Comezamos o proxecto vendo que sabíamos do espacio. E despois xa entramos en materia aprendendo cousas sobre os planetas.
Despois de coñecer como están situados os planetas no Sistema Solar, e as súas órbitas, comezamos a formar o noso mapa do espacio tamaño XL.
Coñecimos a viaxeiros espaciais moi importantes, incluindo a 1ª cosmonauta muller, ou un astronauta español…..
Co traballo de todos conseguimos facer a nosa representación do Sistema solar, cos planetas, asteroides, foguetes espaciais, satélites e o Perseverance.
Incluso un neno fixo un Sistema¨ Paxaril¨, o noso Sistema Solar convertindo os planetas en paxaros. Que fantástica idea!!!
Os nenos de 2º estivemos traballando os cadros do pintor americano Keith Haring e fixemos estas creacións tan personalizadas e marabillosas!!!!