IV festival escolar do camiño inglés

Por En Primero y Segundo No hay comentarios

O mércores 13 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de educación primaria foi invitados ao IV festival escolar do camiño inglés organizado polas Fanpa Ferrolterra «Concepción Arenal», financiado pola Xunta de Galicia e coa colaboración de Gadis e Alsa.

Acudimos ao porto de Curuxeiras onde desfrutamos dunha peza de teatro que destacaba os puntos fortes da nosa cidade e inicio do camiño: as Meninas de Canido, o Racing de Ferrol, as rondallas, o arroz con leite e a Semana santa. Posteriormente, comezamos a facer a primeira milla do percorrido hacia Santiago de Compostela pero por mor da chuvia, tivemos que rematala antes.

Los comentarios están cerrados