As xogadoras do Baxi Ferrol Irene Garí, Jenna Allen e Jessica Fequiere visitaron o colexio o pasado luns 6 de febreiro.
Primeiro foron recibidas polos estudantes de 5º e 6º de educación primaria en relación ao traballo de baloncesto feito na área de Educación física nas semanas previas. Aproveitaron a súa visita sorpresa para realizarlles preguntas sobre a súa estancia na cidade, o seu futuro neste deporte…
Despois desa rolda de prensa, as tres xogadoras fixeron uns xogos entre elas e posteriormente cos nenos/as dos distintos ciclos educativos para desfrutar dun tempo con elas e practicar o deporte.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA, POLO BO TRATO E POLA INVITACIÓN AO DERBI GALEGO.
VÉMONOS NA MALATA!!!
Pica na imaxe
Pica na imaxe


O pasado 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e a paz no colexio. Cada curso escolleu unha palabra relacionada coa paz para logo expoñelas en distintas partes do centro educativo e tamén aprenderon a letra da canción «Qué bonito es querer» de Manuel Carrasco.
Chegado o momento, xuntámonos todos no patio do colexio para cantar a canción, pegar o símbolo da paz ao redor dunha pomba e desfrutar dun rato todos xuntos.

Os membros da comunidade educativa celebramos o fin de ano no patio do colexio o último día de clase.
Fixemos un simulacro tomando unhas «uvas» especiais para despois brindar polo novo ano que estaba por chegar. Despois, houbo tempo de bailes, xogos, festa….
MENUDA XORNADA MÁIS ESPECIAL E MÁXICA!

Chegou decembro e o clube de lectura decidiu realizar un Contacontos por Nadal para felicitar as festas facendo unha adaptación de dous contos navideños :
-
O reno Rudolf (educación infantil, 1º e 2º educacion primaria)
-
Conto de nadal (3º – 6º educación primaria)

Aproveitando a chegada do Nadal e por suposto, Papá Noel e os Reis Magos, o clube de lectura recomenda os seguintes títulos que de seguro, gustarán a quen os lea.
Co obxectivo de seguir mostrando a nosa cidade aos escolares e promocionala como candidata a patrimonio da Humanidade, o concello convocou un concurso de postais para os/as escolares 4º, 5º e 6º de E.P. e concurso de tiktok para o estudantado da E.S.O.
Aquí debaixo queda unha mostra de todos os participantes do colexio e tamén o acto de entrega de premios onde Sofía (5ºE.P.) resultou gañadora no concurso de postais coa súa acuarela do porto da nosa cidade.
MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR!

