O pasado luns 17 de abril, todos os cursos de educación primaria participaron no III Festival ilustrado de Ferrol co fin de promocionar e apoiar a cidade para ser Patrimonio da Humanidade. A nosa actividade estaba relacionada cun baile típico daquela época, o minué, que ensaiamos nos días previos ao evento.
Tivemos a sorte de poder falar uns minutos co alcade e a concelleira de Patrimonio e pousaron con nós nunha foto para o recordo.
pica na imaxe
pica na imaxe
Queridas familias proximamente teredes que elixir colexio para os vosos fillos/as. A elección do colexio no que os vosos fillos aprenderán a relacionarse, a xogar, a pensar, a comprender…, a SER FELICES é quizais unha das decisións máis importantes que teredes que tomar. A continuación abrímosvos a porta do noso cole para que poidades coñecelo.
Estimadas familias, do 1 ao 20 de marzo, comezo o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o próximo curso escolar 2023/2024. Clickeando sobre a imaxe poderedes consultar toda a información que regula devandito proceso.
Entroideando foi o título elixido para celebrar o carnaval no centro.
O venres 17 celebramos o inicio do entroido saíndo á rúa para ensinar os disfraces feitos nas aulas coa temática do carnaval galego e o seguinte venres rematamos preparando o enterro da sardiña na que alumnado, profesorado e persoal do centro encheron as aulas de xoaniñas, bufóns, vikingos, astronautas, sevillanas, mafiosos, …
QUE BEN O PASAMOS!
PICA NA IMAXE

PICA NA IMAXE
As xogadoras do Baxi Ferrol Irene Garí, Jenna Allen e Jessica Fequiere visitaron o colexio o pasado luns 6 de febreiro.
Primeiro foron recibidas polos estudantes de 5º e 6º de educación primaria en relación ao traballo de baloncesto feito na área de Educación física nas semanas previas. Aproveitaron a súa visita sorpresa para realizarlles preguntas sobre a súa estancia na cidade, o seu futuro neste deporte…
Despois desa rolda de prensa, as tres xogadoras fixeron uns xogos entre elas e posteriormente cos nenos/as dos distintos ciclos educativos para desfrutar dun tempo con elas e practicar o deporte.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA, POLO BO TRATO E POLA INVITACIÓN AO DERBI GALEGO.
VÉMONOS NA MALATA!!!
Pica na imaxe
Pica na imaxe


O pasado 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e a paz no colexio. Cada curso escolleu unha palabra relacionada coa paz para logo expoñelas en distintas partes do centro educativo e tamén aprenderon a letra da canción «Qué bonito es querer» de Manuel Carrasco.
Chegado o momento, xuntámonos todos no patio do colexio para cantar a canción, pegar o símbolo da paz ao redor dunha pomba e desfrutar dun rato todos xuntos.
