Noticias
CARTA DESPEDIDA DIRECTORA DEL CENTRO
JORNADAS PUERTAS ABIERTAS
A MAXIA DO CAMIÑO
Hai xa un ano que iniciamos o noso proxecto da MAXIA DO CAMIÑO. Ao longo deste ano descubrimos a beleza dos seus espazos naturais, coñecemos lugares novos, aprendemos os seus costumes, enriquecémonos da súa beleza artística, cultural… pero o máis importante desta viaxe foi aprender a salvar xuntos todas os tropezos que atopamos e que nos permitiron chegar ao final moito máis fortes e unidos.
O APALPADOR ILUMINA O CAMIÑO COA SÚA MAXIA
No tramo final do noso CAMIÑO os nenos e nenas de San Rosendo recibimos a visita do APALPADOR. O Apalpador é unha figura mítica da tradición galega que estaba ao límite da desaparición e que está sendo recuperada nos últimos anos grazas a intensa campaña realizada por un grupo de investigadores e profesores.
CONCERTO DE NADAL
O claustro de profesores do colexio San Rosendo deséxavos unhas FELICES FESTAS e convídavos a disfrutar e cantar con todos os nosos nenos e nenas as PANXOLIÑAS de NADAL.
6º E.P., gañador do II festival escolar do camiño inglés e Xacobeo 21-22
Desde a área de Educación física, o grupo de 6º E.P. participou no II festival escolar do camiño inglés e Xacobeo 21-22 e fanpa Ferrolterra resultando gañadores grazas ao tiktok realizado por eles tendo como referencia o modelo facilitado por este organismo.
PARABÉNS POLA VOSA IMPLICACIÓN E A VOSA ACTITUDE!
A DESFRUTAR DO PREMIO!
TIKTOK GAÑADOR
TIKTOK modelo
LAS COOPERATIVAS DE ENSEÑANZA CON LA PALMA
Ante la situación en la que se encuentra la isla de La Palma tras la erupción del volcán Cumbre Vieja, desde las Cooperativas de Enseñanza se articula una campaña de ayuda y apoyo para atender la situación de recuperación de las personas afectadas poniendo especial atención al contexto educativo, la campaña se ha denominado “Las Cooperativas de Enseñanza con La Palma”
Pasados ya dos meses de la erupción se está viendo que el verdadero problema que va a afrontar la isla de La Palma en los próximos meses, no es tanto los efectos directos de la acción volcánica sobre el territorio antropizado, sino el arranque y desarrollo de una economía paralizada en sus dos principales motores, además de la calidad de vida de sus residentes, física y psicológica, que, tras la concatenación temporal de la pandemia y la erupción, acumulan muchos meses de estrés, por lo que desde nuestro entorno, desde las Cooperativas de Enseñanza y poniendo de manifiesto nuestros valores y principios solidarios, podemos y debemos contribuir con nuestro grano de arena destinado al alumnado que se ha visto afectado directa o indirectamente por esta catástrofe.
Para ello hemos pensado, de forma coordinada con los Colegios Echeyde al encontrarse éstos en el territorio afectado, promover entre todas las organizaciones territoriales y sus Cooperativas de Enseñanza una campaña de recaudación de fondos, donaciones de éstas y su comunidad educativa, que irá destinada a través del Cabildo insular de La Palma a la población escolar de la isla que con la crisis volcánica haya perdido sus equipamientos educativos o estudien fuera de la isla y cuyos ingresos familiares hayan quedado seriamente mermados.
Circular familias: Campaña apoyo a La Palma – Cooperativas de Enseñanza
O MAGOSTO NO CAMIÑO
Con motivo da celebración do MAGOSTO todos os nenos e nenas do colexio, continuando co noso proxecto da MAXIA DO CAMIÑO, realizamos un pequeno mini proxecto ao que chamamos O MAGOSTO NO CAMIÑO.
Con este proxecto aprendemos moitas cousas relacionadas co OUTONO e o MAGOSTO, pero tamén aprendemos como se celebra o magosto a través do CAMIÑO INGLÉS e de todos os CAMIÑOS que nos levan a COMPOSTELA.
Aquí deixámosvos un pequeno resumo de todo o traballado nas aulas.
Para que todos poidades saber máis cousas sobre a celebración do magosto no camiño, deixámosvos aquí os mapas cos códigos QR, elaborados polos alumnos/as de 5º e 6º de primaria, para que poidades acceder a toda a información.
MAPA ELABORADO ALUMNOS/AS 5º: O Magosto no Camiño 5º
MAPA ELABORADO POLOS ALUMNOS/AS 6º: O Magosto no Camiño 6º
E por último non poderiamos rematar esta celebración sen cantar e bailar a canción que todos os anos compón o noso profesor de música.