ENTREGA VALES LIBROS E MATERIAL ESCOLAR











As axudas da consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
No Fondo solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, do mesmo xeito que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.
O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros.
ENLACE FONDO LIBROS: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
ENLACE SEDE ELECTRÓNICA XUNTA: https://sede.xunta.gal/portada
Lembrámosvos que debedes acudir ao centro un só menbro da familia, con máscara hixiénica e respectar a distancia de seguridade e as indicacións do persoal do centro para garantir a seguridada de todas as persoas.
Queridas familias en aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, a CEUFP publicou as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Nestas instruccións indícase que compre adaptar as programacións didácticas das ensinanzas que se impartan en cada centro educativo.
Premendo na seguinte ligazón accédese aos documentos nos que se recollen ás adaptacións de todas as programacións didácticas: