BECAS DE COMEDOR E AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN CURSO 2020/2021

Por En Noticias No hay comentarios

No Concello de Ferrol xa está aberto o prazo para a solicitude das BECAS DE COMEDOR e ás AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN para o próximo curso 2020/2021. A continuación tedes as ligazóns para acceder á convocatoria e aos impresos das solicitudes.

CONVOCATORIA BECAS COMEDOR

IMPRESOS SOLICITUDE BOLSAS COMEDOR

CONVOCATORIA AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN

IMPRESOS SOLICITUDE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DA AVALIACIÓN ORDINARIA

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Queridas familias, como na 2ª avaliación, as cualificacións serán publicadas a través de Abalar Móbil o venres 19 de xuño de 2020 a partir das 12h da mañá. As familias que non teñades descargada a aplicación debedes poñervos en contacto coa titora do/a voso/a fillo/a para que volas remita por correo electrónico.

Un saúdo

APORTACIONES CARRERA KILÓMETROS DE SOLIDARIDAD

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Queridas familias después de habernos puesto en contacto con SAVE THE CHILDREN os adjuntamos el mensaje que nos enviaron agradeciendo nuestra participación y las dos modalidades que existen para poder hacer vuestras aportaciones solidarias.

Estimado Colegio San Rosendo,

Antes de nada muchísimas gracias por colaborar este curso otra vez y adaptar la carrera de esta forma tan original. Gracias de verdad.

 Realmente algún centro se ha animado a hacer algo parecido y la forma de recaudar que hemos propuesto es la siguiente:

 1.       Transferencia al número de cuenta en donde ingresabais el dinero de carrera normalmente. Es una cuenta del banco Santander donde nos sería muy útil que en concepto pusieran CARRERA KILÓMETROS DE SOLIDARIDAD COLEGIO SAN ROSENDO. Número de cuenta: ES55 00491837562010249000

2.       Estamos ofreciendo la posibilidad de hacer bizum, el cual llega igualmente a esta cuenta. Aquí sería simplemente que introduzcan el siguiente código: 00147.  

 

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

  • Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

            ORDE DA CONVOCATORIA

            IMPRESO DA SOLICITUDE

BENEFICIARIOS:

  • Axudas á compra de libros:

As axudas da consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

  •  Fondo solidario:

No Fondo solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, do mesmo xeito que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

  • Axudas para material escolar:

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros.

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

           ENLACE FONDO LIBROS: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

           ENLACE SEDE ELECTRÓNICA XUNTA: https://sede.xunta.gal/portada

           MANUAL DO CIDADÁN

  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Para iso deberedes chamar aos teléfonos 981357562 / 619607373 para concertar unha cita.

Lembrámosvos que debedes acudir ao centro un só menbro da familia, con máscara hixiénica e respectar a distancia de seguridade e as indicacións do persoal do centro para garantir a seguridada de todas as persoas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020.
  • Manterémosvos informados de todo o procedemento e dos prazos para a entrega dos libros de préstamo e dos vales de libros e material escolar a través da web do colexio. 

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDACTICAS CURSO: 2019/2020

Por En Noticias No hay comentarios

Queridas familias en aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, a CEUFP publicou as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nestas instruccións indícase que compre adaptar as programacións didácticas das ensinanzas que se impartan en cada centro educativo.

Premendo na seguinte ligazón accédese aos documentos nos que se recollen ás adaptacións de todas as programacións didácticas:

INSTRUCCIÓNS CEUFP PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS COLEXIO SAN ROSENDO