Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021
- Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
BENEFICIARIOS:
- Axudas á compra de libros:
As axudas da consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
- Fondo solidario:
No Fondo solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. A asignación de libros de texto farase, do mesmo xeito que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.
- Axudas para material escolar:
O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
ENLACE FONDO LIBROS: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
ENLACE SEDE ELECTRÓNICA XUNTA: https://sede.xunta.gal/portada
- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Para iso deberedes chamar aos teléfonos 981357562 / 619607373 para concertar unha cita.
Lembrámosvos que debedes acudir ao centro un só menbro da familia, con máscara hixiénica e respectar a distancia de seguridade e as indicacións do persoal do centro para garantir a seguridada de todas as persoas.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
- Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020.
- Manterémosvos informados de todo o procedemento e dos prazos para a entrega dos libros de préstamo e dos vales de libros e material escolar a través da web do colexio.