Esta semana estivemos traballando a conmemoración do día das Letras Galegas. Este ano o escritor homenaxeado é Antón Fraguas.
Esta semana estivemos traballando a conmemoración do día das Letras Galegas. Este ano o escritor homenaxeado é Antón Fraguas.







































E despois de que cada grupo traballara o seu planeta, chegou o momento de expoñer e contar as características do seu planeta ao resto dos compañeiros e compañeiras…
Aprendimos que o noso peso está condicionado pola gravidade, por iso na Terra non pesamos igual que noutro planeta, así que para comprendelo mellor fixemos esta actividade na que averiguamos canto pesamos noutros planetas.
Falamos da chegada do home a Lúa, e vimos este xenial video sobre este fito histórico


Aquí Abraham amosounos o seu globo terráqueo que además de ensinarnos a división da Terra en paises e continentes, tamén n…os fala sobre a historia das constelacións de estrelas


Comezamos un novo proxecto, o proxecto sobre os planetas e o espacio.
Primeiro eliximos democráticamente cal sería o noso tópico para este proxecto… e gañou ¨Os mellores 8 planetas¨.
Os nosos fios conductores serán : ¨QUEN FOI O PRIMEIRO?¨, ¨MARCIANO, QUE HORA TES?¨ e ¨ HAI VIDA EN MARTES?¨
Dividímonos en grupos para que cada un poda traballar o planeta que lle tocou.
Aproveitamos a invitación que nos fixeron os estudantes do IES Leixa que cursan o ciclo de Hixiene dental para facer un obradoiro , onde nos amosarían como debemos cepillar os dentes e levar un bo coidado bucal.



































