Se aprende a medir … midiendo

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Con motivo del proyecto y siguiendo los contenidos del curso académico en el área de matemáticas, la clase de 3º primaria estuvo aprendiendo de manera práctica a trabajar las medidas a través de la cinta métrica y la regla. Les ha encantado medir distintos objetos y partes del aula porque no hay mejor manera de aprender que haciendo.

Aquí podéis ver una pequeña muestra de lo que hicieron.

Seguimos aprendiendo.

CONTINUAMOS CAMIÑANDO

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

Continuamos co noso proxecto da MAXIA DO CAMIÑO. Durante estas semanas investigamos, experimentamos, traballamos, cantamos, aprendemos moitísimas cousas, pero o máis importante é que empezamos a sentir a MAXIA DO CAMIÑO… a ver a variedade de cores das súas paisaxes, o cheiro do mar e dos prados, o son dos animais e tantas e tantas cousas que nos quedan aínda por ver e  percorrer .

Aquí tedes un resumo dos traballos realizados no colexio durante estas semanas:

 

 

 

 

 

De onde veñen as patacas fritas?

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Con este título elixido para a unidade didáctica traballada, conseguimos aprender a diferenza entre a materia prima e o produto elaborado así como a clasificación dos traballos dependendo da súa función.

Deixo aquí unha pequena mostra dos traballos feitos para área de Sociais. 

Encantada cos resultados!

Soamente hai unha!

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

   Así titulamos a unidade didáctica sobre o noso planeta Terra e os coidados que debemos facer nela para non rematar co lugar onde vivimos.

   Despois de traballar as distintas medidas que hai a nivel mundial (o protocolo de Kioto ou o Tratado Antártico sobre protección do medio ambiente), decidimos inventar un  posible protocolo sobre un tema que preocupara a cada un. Saíron moitos problemas actuais como os plásticos, o corte masivo de árbores, entre outros.

   Aquí queda un breve vídeo sobre o tema tratado.

Eleccións municipais en 3º E.P.

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

   Ao longo das semanas do segundo trimestre, os estudantes de 3ºEP traballaron na creación dunha campaña electoral co fin de vivir a experiencia da votación a alcalde ou alcaldesa da «cidade» deste curso.

Cada equipo pensou:

  • nome do seu partido político 
  • unha frase para captar a atención dos votantes
  • dúas promesas que puideran levarse a cabo na clase co fin de potenciar o benestar de todos, profesorado e alumnado.
  • presentación oficial da súa propaganda electoral

   Posteriormente, cada neno escolleu libremente e con dereito o partido que máis gustou a cada un.

   Por último, os concelleiros e concelleiras do partido político gañador escolleu o alcalde. Neste caso, temos unha alcaldesa.

ELAS CRERON NA MAXIA DO CAMIÑO

Por En Colegio, Noticias No hay comentarios

Querido diario, o pasado 8 de marzo, «DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES», estivemos traballando no colexio sobre a vida dalgunhas mulleres que fixeron historia na nosa terra e que desempeñaron un papel importante non só na nosa comunidade, senón tamén a nivel internacional, aínda que, nalgúns casos, as súas fazañas apenas son coñecidas.

 

Proxecto dos planetas

Por En Primero y Segundo, primero y segundo No hay comentarios

Neste trimestre estivemos traballando e aprendendo sobre o noso Sistema Solar , os planetas que o compoñen,  a súa composición, tamaño….Tamén coñecimos a viaxeiros espaciais…!!!

Comezamos o proxecto vendo que sabíamos do espacio. E despois xa entramos en materia aprendendo cousas sobre os planetas.

Despois de coñecer como están situados os planetas no Sistema Solar, e as súas órbitas, comezamos a formar o noso mapa do espacio tamaño XL.

Deseñamos e inventamos uns transportes para poder viaxar polo espacio…

Coñecimos a viaxeiros espaciais moi importantes, incluindo a 1ª cosmonauta muller, ou un astronauta español…..

Fixemos moitos cálculos para poder viaxar….

Aprendimos cousas sobre a chegada á Lúa e sobre todo do noso planeta….

Co traballo de todos conseguimos facer a nosa representación do Sistema solar, cos planetas, asteroides, foguetes espaciais, satélites e o Perseverance.

Incluso un neno fixo un Sistema¨ Paxaril¨, o noso Sistema Solar convertindo os planetas en paxaros. Que fantástica idea!!!