Ímolo pasar pirata! Visita guiada

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

O alumnado de 3º de educación primaria acudiu esta mañá á Sede de AFundación Ferrol ubicada na praza da Constitución para visitar a exposición Ferrol no tempo.

A través do título chamativo «Ímolo pasar pirata», os/as estudantes recibiron a misión de defender o certificado de Ferrol como cidade encontrando pesquisas e respondendo preguntas feitas pola guia.

Foi unha xornada do máis interesante descubrindo a ciencia e tecnoloxía, a cultura, a educación, a sociedade e a economía de Ferrol que rematou entrando no estaleiro pirata para botar o noso barco.

Ferrol, cidade de ferro

Por En Quinto y Sexto No hay comentarios

Este venres o alumnado de 5º de primaria acudiu a unha visita obradoiro organizada por A Fundación cuxo obxectivo é reivindicar a cultura urbana como compoñente relevante da identidade galega en xeral e da área de Ferrol en particular, explorando a interacción existente entre o urbanismo, a sociedade e o territorio nunha cidade caracterizada por exemplificar un dos mellores casos de urbanismo ilustrado na península Ibérica, pola súa evolución no século XVIII.

 

 

Obradoiro de Unha ollada a Viladoce

Por En Tercero y Cuarto No hay comentarios

Este xoves o alumnado de 3º y 4º educación primaria recibimos a visita de Miguel Anxo Romero para realizar un obradoiro moi divertido baseado no libro Unha ollada a Viladoce escrito xunto a Leandro Lamas.

Explicou como facer un album ilustrado, a importancia da paciencia á hora de debuxar,  trouxo os seus debuxos orixinais dun libro dedicado para a biblioteca do cole e, por último, deseñamos o noso libro De prácticas en Viladoce».

Ferrol, patrimonio mundial en postal

Por En Colegio, Noticias, Quinto y Sexto No hay comentarios

Co obxectivo de seguir mostrando a nosa cidade aos escolares e promocionala como candidata a patrimonio da Humanidade, o concello convocou un concurso de postais para os/as escolares 4º, 5º e 6º de E.P. e concurso de tiktok para o estudantado da E.S.O.

Aquí debaixo queda unha mostra de todos os participantes do colexio e tamén o acto de entrega de premios onde Sofía (5ºE.P.) resultou gañadora  no concurso de postais coa súa acuarela do porto da nosa cidade.

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS POR PARTICIPAR!


 

 

 

 

O noso primeiro día no horto

Por En Primero y Segundo, primero y segundo No hay comentarios

Este ano comezamos a actividade do horto, é unha actividade na que aprenderemos a coidar, prantar e recolleitar os produtos do  noso horto. Levarase ao cabo nos hortos colectivos situados a carón do Centro Cívico de Canido e o coidaremos entreo tódolos cursos do noso colexio.

Este foi o noso primeiro día , e a verdad é que estábamos moi ilusionados e nerviosos….

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE

Por En Colegio, Educación Especial, Infantil, Noticias, Primero y Segundo, Quinto y Sexto, Tercero y Cuarto No hay comentarios

Como colexio integrador que somos abrindo as nosas portas a todas as persoas, independentemente das súas capacidades, o venres 2 de decembro celebramos o día da discapacidade levando a cabo distintas actividades:

  • Marta e o seu día a día como traballadora no centro
  • Visita da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (ASF) acudiu a contarnos un contacontos Azul é peregrino.
  • Visita de Álvaro Illobre e dous compañeiros máis que nos ensinaron a práctica do baloncesto desde a súa cadeira de rodas

Todas estas actividades serviron para acercarnos un pouco máis á sociedade na que vivimos.

Moitas grazas a todos!