Aproveitando a chegada do Nadal e por suposto, Papá Noel e os Reis Magos, o clube de lectura recomenda os seguintes títulos que de seguro, gustarán a quen os lea.
O alumnado de 3º de educación primaria acudiu esta mañá á Sede de AFundación Ferrol ubicada na praza da Constitución para visitar a exposición Ferrol no tempo.
A través do título chamativo «Ímolo pasar pirata», os/as estudantes recibiron a misión de defender o certificado de Ferrol como cidade encontrando pesquisas e respondendo preguntas feitas pola guia.
Foi unha xornada do máis interesante descubrindo a ciencia e tecnoloxía, a cultura, a educación, a sociedade e a economía de Ferrol que rematou entrando no estaleiro pirata para botar o noso barco.

Con esta primeira unidade adentrámonos na Historia e estudamos a liñá do tempo da Humanidade xunto coas súas manifestacións máis importantes. Tamén, quixen demostrarlles que todos formamos parte da historia doutras persoas, xa sexa entre os compañeiros da escola, na nosa familia, cos amigos do parque…polo que a historia da nosa vida é relevante!
Deixo aquí unha pequena mostra dos traballos tan ben feitos por todos!
