O alumnado de 5º e 6º de educación primaria realizou as sesións de educación física no parque Raíña Sofía para así poñer en práctica un novo deporte: o beisbol.
O alumnado de 5º e 6º de educación primaria realizou as sesións de educación física no parque Raíña Sofía para así poñer en práctica un novo deporte: o beisbol.
Desde as áreas de Lingua galega e Lingua castelá o alumnado de 5º e 6º de educación primaria está traballando distintas técnicas para revisar e seguir aprendendo contidos: xogos de mesa, presentacións orais e traballos de investigación utilizando as TIC son algunhas das ferramentas utilizadas.
Onte o estudantado de 5º e 6º de educación primaria visitaron a Fundación Caixa Galicia co fin de ver a obra de teatro en inglés What monster? organizada pola compañía On stage.
Participaron e desfrutaron a partes iguais.



O alumnado de 6º de educación primaria visitaron o I.E.S. Ferrol Vello o pasado 26 de xaneiro. Alí foron recibidos por algúns dos antigos/as alumnos do colexio que lles ensinaron a biblioteca, o laboratorio e a aula de educación artística, entre outras zonas.
Moitas grazas ao instituto por mostrarnos o centro deste xeito tan divertido e didáctico!
O alumnado de 5º de educación primaria traballou a primeira unidade do segundo trimestre en pequenos grupos. Cada un escolleu a temática a traballar tendo en conta unhas preguntas previas.
Búsqueda de información utilizando as TIC, análise, resumos e, por suposto, ensaios para a posterior presentación aos seus compañeiros/as que logo tiveron que xogar un kahoot para comprobar se realmente entenderan os contidos explicados.
