E chegou o momento de explicarlles aos nenos o porque da visita de Paco, e polo tanto de presentarlles cal sería o noso primeiro proxecto : A ría de Ferrol .
Blog de Primero y Segundo
O agasallo de Paco
Paco, ademais de falarnos sobre a fauna e a flora da nosa ría, tamén nos falou sobre a contaminación da auga e como debemos coidar o noso Planeta. E para rematar, deixounos un agasallo para as dúas clases, co que traballaremos máis adiante no noso proxecto….
somos mergulladores
Paco coas suas histarias sobre o fondo do mar levounos a ser mergulladores por uns segundos nós tamén…. e porque nos puxemos a máscara de mergullo…..

Coñecimos a Paco
Eran moitas as preguntas que nos facíamos, pero tamén eran moitas as hipóteses que nós tiñamos sobre quen deixara esas aletas e porque había un charco …. pero pronto resolvimos as dúbidas, coñecimos a Paco o mergullador. Leva moitos anos facendo inmersións na nosa ría; por iso contounos un montón de cousas interesantes xa que coñece perfectamente os fondos mariños e os seres vivos que habitan na ría de Ferrol.
sorpresa proxecto
…. e de súpeto atopamos unha charqueira de auga e con algas estradas no chan, e ademais un par de aletas de mergullador…. NON ENTENDEMOS NADA..!!!!!!

As secuoias
Na nosa 1ª unidade de CC.Naturais estivemos vendo seres vivos, e xurdiu o tema das árbores máis altas, que son as secuoias, e por iso decidimos buscar algo de información para compartila cos nosos compañeiros….. E tamén coñecimos o ¨ XENERAL Sherman¨.
A nena e o grilo mais aló….
Esta semana fixemos unha saída a mostra de teatro de Narón onde desfrutamos da obra de teatro ¨A nena e o grilo máis aló¨ .
Nesta última creación A nena e o grilo corren novas aventuras: esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e grilo mais aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte?
¨el balandrito¨
Estivemos traballando o cadro de Sorolla ¨El Balandrito ¨ co cal poidemos traballar o movemento nas pinturas e as texturas. Ademais relacionamos esta pintura coas paisaxes que estamos traballando en CC.Sociais.

¨O Monstro de cores¨ . Hoxe estivemos traballando con este maravilloso conto sobre as emocións
cadeas tróficas
Aquí estamos traballando coas cadeas tróficas……